![]() |
|
'Galicia, país das letras'
Escrito enAbril 19th, 2012pornerea
É dun proxecto que procura achegar dunha maneira participativa, lúdica
e potenciando aspectos orais, contidos culturais vencellados coa
lingua, co patrimonio inmaterial e coa literatura galega a nenos/as
de Primaria.
Musicolandia en Itaca
Escrito enMarzo 11th, 2012pornerea
Unha nova vez, e en colaboración coa Asociación Cultural e Xuvenil Itaca, poñemos en marcha o proxecto de conciliación familiar para esta Semana Santa.
Buscamos posibilitar aos nenos/as o disfrute dunha alternativa lúdica e de calidade no seu tempo vacacional, ao tempo que se lle achegan contidos musicais e de expresión artística e teatral.
Ludotecas Lingüísticas: adestramos á nosa lingua!
Escrito enFebreiro 21st, 2012pornerea
Trátase dun proxecto de dinamización lingüística que consiste na recuperación de xogos tradicionais, a disposición de xogos novos e diferentes e xogos lingüísticos, que procuran fomentar o uso do galego dun xeito eminentemente lúdico e en relación co currículum de Educación Física e Lingua Galega. Con formato de gran feirón, os rapaces e rapazas terán que ir superando as distintas probas que se lles propoñan de maneira rotatorio e cooperativa ao mesmo tempo.
Encontro en Portugal co proxecto 'Grand Treasures'
Escrito enFebreiro 15th, 2012pornerea
Xandobela viaxa ata Portugal do 17 ao 22 de febreiro para participar no segundo encontro do proxecto 'Grand Treasures' que desenvolve dende agosto en parcería con organizacións portuguesas, gregas, polacas, estonias e letonas.
Amiga Cantiga 2.0
Escrito enFebreiro 15th, 2012pornerea
CERTAME ESCOLAR DE VIDEOS BASEADOS NAS CANTIGAS MEDIEVAIS
Valentín Paz Andrade na voz da xente
Escrito enXaneiro 17th, 2012pornereaXa estamos traballando no proxecto de divulgación e dinamización sociocultural en torno a obra e figura de Valentín Paz Andrade, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2012.
Unha achega participativa e lúdica para rapaces/zas de secundaria.
Moi pronto na Rede Cultural da Deputación da Coruña.






