Somos xogo
Somos xogo

Somos xogo é un proxecto de divulgación do patrimonio lúdico galego e da creatividade xogantina, no que se inclúen varias accións:

  • Escola do Xogar: dinamización social e escolar do patrimonio lúdico galego, para escolas, asociacións e concellos da provincia da Coruña.
  • Feira Xogantina: mostra en liña de asociacións, empresas, proxectos, artesáns, persoas… vinculadas ao patrimonio lúdico galego.
  • Concurso  «Xoga en galego»: creación de xogos de mesa en galego para público infantil, xuvenil e familiar.

 

Somos xogo busca difundir e revalorizar o xogo como importante compoñente do patrimonio cultural galego e alentar á creación de novos recursos lúdicos (xogos de mesa en galego) para promover o talento creativo das persoas e crear un repositorio de libre acceso de xogos de mesa en galego.

 

Subvencionado pola Deputación da Coruña a través da convocatoria de subvencións para a produción de proxectos singulares de especial interese cultural na provincia da Coruña