Xogando co patrimonio
Xogando co patrimonio

Educación do patrimonio para todos os públicos a través de actividades lúdicas e obradoiros participativos. Un xeito distinto de achegar o patrimonio cultural da nosa contorna empregando o potencial das estratexias lúdicas, da metodoloxía participativa, da pedagoxía aplicada á interpretación do patrimonio e das ferramentas dixitais.

  • Pedra viva: xogo de descuberta de Santiago e xincana fotográfica. En colaboración coa Asociación Cultural e Xuvenil Itaca a través do proxecto Noites Alternas.
  • Busca e rebusca_ A Compostela literaria: paseo lúdico pola Compostela literaria a través de probas en códigos QR. Do 1 ao 30 de novembro, en colaboración coa Asociación Cultural e Xuvenil Itaca a través do proxecto Noites Alternas.
  • Contando ando: xogo en liña sobre o patrimonio oral galego. Podes xogar pinchando aquí.
  • Meigallo: xogos en liña sobre o patrimonio oral e patrimonio máxico galego. Podes xogar pinchando aquí.
  • Unha aldea: xogo de mesa imprimible sobre o patrimonio rural. Podes descargalo para xogar pinchando aquí.
  • Pegadas do noso: actividade didáctica para centros escolares.

 

 

Proxecto subvencionado pola Área de Cultura da Deputación da Coruña na convocatoria de proxectos singulares de especial interese cultural 2022.