Xa está aberto o prazo para solicitar as actuacións dentro do programa da Rede Cultural 2016 da Deputación da Coruña. Todos os concellos e asociacións da provincia que formen parte da Rede Cultural tedes ata o vindeiro 12 de maio para facer as vosas solicitudes.
Nesta edición Xandobela preparou un catálogo amplo e atractivo con proxectos e ofertas para todas as idades e para conmemorar as datas máis sinaladas deste ano 2016:
CONTACONTOS:
- Andersen era un neno: contos e obradoiros para público infantil e familiar.
- Contos para o tempo do Nadal: contos e obradoiros para público infantil e familiar.
- Imos levarnos ben...: contos e obradoiros para público infantil e familiar.
- Pan e auga? Sopas!: contos e obradoiros para público infantil e familiar.
- Quen ten cu ten medo: contos e obradoiros para público infantil e familiar.
- A rebotica dos contos: sesións de contadas para público infantil e familiar.
OUTRAS ACTIVIDADES:
- Canta un conto, pinta un filme: creación audiovisual baseado na literatura e tradición oral.
- Eira Xandobeleira: exhibición de xogos e enredos.
- Galicia, país das letras: xincana teatral e literaria.
- Imos cantar os Reis!: recuperación dos Cantos de Reis e do Nadal.
- O tesouro da Bruxa Maruxa: xogos e lingua.
Buscade por 'Xandobela' como nome do Grupo e atoparedes os detalles de cada unha das propostas. E non dubides en solicitar máis información no correo nerea@xandobela.info.