Xandobela

  • Inicio
  • Xandobela
  • Proxectos

    Proxectos

    Volver
    • Lectura
    • Xogo
    • Lingua
    • Patrimonio
    • Lab de ideas e cartafol de actividades pasadas
    • Proxectos europeos
    • Somos xogo
    • Lévedo lilá
    • Xogando co patrimonio
  • Novas
  • Contacto
  • 649 70 21 94
  • Biblioteca Vivente
Xandobela. Educación e dinamización sociocultural
  • Inicio

    Benvida

  • Xandobela

    Sobre nós

  • Proxectos

    Que facemos

    • Lectura
    • Xogo
    • Lingua
    • Patrimonio
    • Lab de ideas e cartafol de actividades pasadas
    • Proxectos europeos
    • Somos xogo
    • Lévedo lilá
    • Xogando co patrimonio
  • Novas

    Actualidade

  • Contacto

    Falamos?

Actualidade

Así foi o Nadal Xandobeleiro

  • Inicio
  • Novas
  • Así foi o Nadal Xandobeleiro
Así foi o Nadal Xandobeleiro
21 01 2016

Así foi o Nadal Xandobeleiro

Canto houbo que facer no tempiño de Nadal!

O Nadal é tempo de vacacións na escola e nós inaugurámolas cunha xincana lingüística para a rapazada do barrio do Calvario (Vigo): intrépidxs aventureirxs tiveron que seguir os pasos do trasno Trasnón polos establecementos da asociación de Comerciantes e Empresarios do Calvario, resolvendo as probas lingüísticas e de tradición oral, para poder dar coa resposta ao enigma, chave para conseguir o prezado premio!

O Nadal tamén é tempo de se xuntar arredor das cociñas a preparar deliciosos manxares cos que alimentar as barrigolas das amigas e familiares que se achegan a celebrar estas datas a canda nós entre ceas e xantares. Para sorprender aos nosos comesais estivemos a realizar na Aula Gatronómica de Compostela obradoiros de cociña para a rapazada, onde aprendemos a facer filloas, galletas de manteiga, nubes de ovo, tartaletas de mazá, colares de castañas, empanadiñas de polo e verduras, san andresiños comestibles, tortas de Santiago, etc...

En Xandobela sabemos ben que o Nadal tamén é tempo de festexar e cantar, e quixemos recuperar eses bos costumes de se xuntar cuadrillas para ir cantar o Nadal á procura de bo aguinaldo. Grandes e pequenas de Val do Dubra, Betanzos, Oroso e de catro barrios de Vigo, compuxeron magníficas cuadrillas que alegraron co seu cantar canto sitio por onde pasaron. Pero a alegría foi a que levaron as súas barrigolas cando paparon os tremendos aguinaldos recibidos!

Aínda que o tempo de xogar é sempre, sabemos que o Nadal o é en especial e a nosa Ludoteca Itinerante de xogos artesanais foi de excursión a Ferrol, onde non todo foi xogar: tamén construímos enredos coas nosas mans para ás nosas amigas e amigos agasallar. Tamén fixemos parada en Oleiros para construír coa rapazada xoguetes con material de refugallo, que alí tamén querían facer regalos e ben se deron conta de que con moi pouca cousa podemos facer xoguetes divertidísimos!

E para poñer fin a este Nadal, acompañamos ás amigas de María Fumaça na cabalgata de Compostela cunha divertidísima tropa do barrio de Vite que repartía música cos paraugas que elaboramos entre todxs. Ao berro de 'Manola, o peixe que máis mola!' collemos enerxía para afrontar este ano que nos agarda, cheíño de novidades das que vos manteremos ao tanto! ;)

 

Actividades

  • Lectura
  • Xogo
  • Lingua
  • Patrimonio
  • Lab de ideas e cartafol de actividades pasadas
  • Proxectos europeos
  • Somos xogo
  • Lévedo lilá
  • Xogando co patrimonio

Últimos artigos

Presentación dos resultados do proxecto europeo "Muses: cultura xuvenil con perspectiva de xénero"
Presentación dos resultados do proxecto europeo "Muses: cultura xuvenil con perspectiva de xénero"
Biblioteca Vivente "Lévedo lilá"
Biblioteca Vivente "Lévedo lilá"
Intercambio xuvenil "Buscando musas" en Mantova (IT)
Intercambio xuvenil "Buscando musas" en Mantova (IT)
#NoitesAlternas2021
#NoitesAlternas2021
Ler conta moito 2021
Ler conta moito 2021
Despedimos o ano pechando o proxecto BABEL
Despedimos o ano pechando o proxecto BABEL
#NoitesAlternas2020
#NoitesAlternas2020
Ler conta moito 2020
Ler conta moito 2020
Rematamos o proxecto Erasmus + "Reading and non-formal education"
Rematamos o proxecto Erasmus + "Reading and non-formal education"
BABEL, novo proxecto Erasmus+ liderado por Xandobela
BABEL, novo proxecto Erasmus+ liderado por Xandobela
Xandobela. Educación e dinamización sociocultural
Xandobela. Xestión e dinamización sociocultural
Quiroga Palacios, 6 (baixo). Santiago de Compostela (A Coruña). T. 649 70 21 94.
Aviso Legal Política de Privacidade