Xandobela

  • Inicio
  • Xandobela
  • Proxectos

    Proxectos

    Volver
    • Lectura
    • Xogo
    • Lingua
    • Patrimonio
    • Lab de ideas e cartafol de actividades pasadas
    • Proxectos europeos
    • Somos xogo
    • Lévedo lilá
    • Xogando co patrimonio
  • Novas
  • Contacto
  • 649 70 21 94
  • Biblioteca Vivente
Xandobela. Educación e dinamización sociocultural
  • Inicio

    Benvida

  • Xandobela

    Sobre nós

  • Proxectos

    Que facemos

    • Lectura
    • Xogo
    • Lingua
    • Patrimonio
    • Lab de ideas e cartafol de actividades pasadas
    • Proxectos europeos
    • Somos xogo
    • Lévedo lilá
    • Xogando co patrimonio
  • Novas

    Actualidade

  • Contacto

    Falamos?

Actualidade

Biblioteca Vivente "Vai de Tesouros"

  • Inicio
  • Novas
  • Biblioteca Vivente "Vai de Tesouros"
Biblioteca Vivente "Vai de Tesouros"
04 04 2014

Biblioteca Vivente "Vai de Tesouros"

Biblioteca Vivente 'Vai de Tesouros'. Unha experiencia innovadora para a difusión participativa do coñecemento interxeracional e para rachar cos prexuízos lingüísticos entre a mocidade

Xandobela, Xestión e Dinamización SocioCultural e o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo organizan a quinta 'Biblioteca Vivente' na xeografía galega. O proxecto versa sobre unha novidosa metodoloxía para a dinamización e difusión participativa do coñecemento e a confrontación dos propios prexuízos a través do achegamento a outras realidades sociais e culturais. Nunha Biblioteca Vivente os libros son persoas que difunden a súa experiencia a través da interacción, entrevista e diálogo cos 'lectores/as'. Para ser un Libro non cómpre ser unha eminencia ou recoñecido estudoso, senón contar con experiencia vital ou saberes cos que poder ilustrar a outras persoas que descoñecen e teñen curiosidade.


Entre os días 8 e 11 de abril, na Casa das Palabras-Verbum, desenvolveranse 8 sesións da Biblioteca Vivente 'Vai de Tesouros' nas que uns 800 mozos/as vigueses/as de Secundaria se porán en contacto e dialogarán con 12 libros vivos: libros que representan aos Tesouros Vivos (testemuñas de vida relevantes e vinculadas co Patrimonio Cultural Inmaterial e a Historia de Vigo) e libros que representan á Lingua Viva (a lingua como tesouro: pór en contacto a mocidade con persoas galegofalantes para achegarlle as súas experiencias relacionadas co uso da lingua).


A primeira edición da Biblioteca Vivente 'Os Tesouros Vivos', foi merecedora dun premio no I Concurso de Proxectos de Educación Social 'Memorial Toni Julià', organizado polo Consejo General de Colegios Profesionales de Educadoras y Educadores Sociales a nivel estatal.
 

Saber máis deste proxecto:

- VER CATÁLOGO DE LIBROS VIVOS

- 'MAKING OFF' DA I BIBLIOTECA VIVENTE 'OS TESOUROS VIVOS'

- REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA I BIBLIOTECA VIVENTE 'OS TESOUROS VIVOS'
- REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA II BIBLIOTECA VIVENTE 'A LINGUA VIVA'

- REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA III BIBLIOTECA VIVENTE 'UNHA DE TESOUROS'

- REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA IV BIBLIOTECA VIVENTE 'TESOUROS VELLOS PARA XENTE NOVA'

Actividades

  • Lectura
  • Xogo
  • Lingua
  • Patrimonio
  • Lab de ideas e cartafol de actividades pasadas
  • Proxectos europeos
  • Somos xogo
  • Lévedo lilá
  • Xogando co patrimonio

Últimos artigos

Presentación dos resultados do proxecto europeo "Muses: cultura xuvenil con perspectiva de xénero"
Presentación dos resultados do proxecto europeo "Muses: cultura xuvenil con perspectiva de xénero"
Biblioteca Vivente "Lévedo lilá"
Biblioteca Vivente "Lévedo lilá"
Intercambio xuvenil "Buscando musas" en Mantova (IT)
Intercambio xuvenil "Buscando musas" en Mantova (IT)
#NoitesAlternas2021
#NoitesAlternas2021
Ler conta moito 2021
Ler conta moito 2021
Despedimos o ano pechando o proxecto BABEL
Despedimos o ano pechando o proxecto BABEL
#NoitesAlternas2020
#NoitesAlternas2020
Ler conta moito 2020
Ler conta moito 2020
Rematamos o proxecto Erasmus + "Reading and non-formal education"
Rematamos o proxecto Erasmus + "Reading and non-formal education"
BABEL, novo proxecto Erasmus+ liderado por Xandobela
BABEL, novo proxecto Erasmus+ liderado por Xandobela
Xandobela. Educación e dinamización sociocultural
Xandobela. Xestión e dinamización sociocultural
Quiroga Palacios, 6 (baixo). Santiago de Compostela (A Coruña). T. 649 70 21 94.
Aviso Legal Política de Privacidade