Xandobela

  • Inicio
  • Xandobela
  • Proxectos

    Proxectos

    Volver
    • Lectura
    • Xogo
    • Lingua
    • Patrimonio
    • Lab de ideas e cartafol de actividades pasadas
    • Proxectos europeos
    • Somos xogo
    • Lévedo lilá
    • Xogando co patrimonio
  • Novas
  • Contacto
  • 649 70 21 94
  • Biblioteca Vivente
Xandobela. Educación e dinamización sociocultural
  • Inicio

    Benvida

  • Xandobela

    Sobre nós

  • Proxectos

    Que facemos

    • Lectura
    • Xogo
    • Lingua
    • Patrimonio
    • Lab de ideas e cartafol de actividades pasadas
    • Proxectos europeos
    • Somos xogo
    • Lévedo lilá
    • Xogando co patrimonio
  • Novas

    Actualidade

  • Contacto

    Falamos?

Actualidade

Celebramos o día de Rosalía coa chavalada betanceira

  • Inicio
  • Novas
  • Celebramos o día de Rosalía coa chavalada betanceira
Celebramos o día de Rosalía coa chavalada betanceira
25 02 2015

Celebramos o día de Rosalía coa chavalada betanceira

O 23 e 24 de febreiro visitamos os institutos de ensinanza secundaria de Betanzos coa xincana literaria 'Rosalía na voz da xente', unha proposta escénica interactiva que procura achegar dunha maneira participativa e lúdica a obra e figura de Rosalía de Castro.

A través dunha posta en escena teatral e con formato de xincana, as educadoras propóñenlle ás mozas e mozos participantes unha serie de retos a superar, relacionadas coa vida e figura da homenaxeada combinando o compoñente históricoliterario coa dimensión lúdica e motivadora. Cada educador/a debidamente caracterizado/a expón algúns trazos sinalados da actividade da poeta, das súas ideas ou do contexto da época e propón un pequeno xogo.
As nosas intervencións baséanse nunha metodoloxía participativa, activa e flexible. Procuramos que a persoa se poida sentir en todo momento protagonista da acción, pois así se favorece unha aprendizaxe significativa. Somos partidarios/as de utilizar o xogo e as actividades lúdicas como conduto para o coñecemento, pois deste xeito se promove unha mellor disposición, motivación e ánimo cara os contidos que desexamos promover. Acádase ademais unha acción de desfrute válida en si mesma, pois a fin propia do xogo é xogar e desfrutar facéndoo.
A xente quere ser sorpendida e non aborrecida, máxime en materias relacionadas coa cultura, tantas veces asociada a actividades soporíferas. Sen perder por isto nin un ápice de rigor, entendemos que cómpre saber ser didácticos/as tanto na selección como na presentación dos temas e contidos.

Para ver algunhas fotos da actividade clica aquí

Actividades

  • Lectura
  • Xogo
  • Lingua
  • Patrimonio
  • Lab de ideas e cartafol de actividades pasadas
  • Proxectos europeos
  • Somos xogo
  • Lévedo lilá
  • Xogando co patrimonio

Últimos artigos

Presentación dos resultados do proxecto europeo "Muses: cultura xuvenil con perspectiva de xénero"
Presentación dos resultados do proxecto europeo "Muses: cultura xuvenil con perspectiva de xénero"
Biblioteca Vivente "Lévedo lilá"
Biblioteca Vivente "Lévedo lilá"
Intercambio xuvenil "Buscando musas" en Mantova (IT)
Intercambio xuvenil "Buscando musas" en Mantova (IT)
#NoitesAlternas2021
#NoitesAlternas2021
Ler conta moito 2021
Ler conta moito 2021
Despedimos o ano pechando o proxecto BABEL
Despedimos o ano pechando o proxecto BABEL
#NoitesAlternas2020
#NoitesAlternas2020
Ler conta moito 2020
Ler conta moito 2020
Rematamos o proxecto Erasmus + "Reading and non-formal education"
Rematamos o proxecto Erasmus + "Reading and non-formal education"
BABEL, novo proxecto Erasmus+ liderado por Xandobela
BABEL, novo proxecto Erasmus+ liderado por Xandobela
Xandobela. Educación e dinamización sociocultural
Xandobela. Xestión e dinamización sociocultural
Quiroga Palacios, 6 (baixo). Santiago de Compostela (A Coruña). T. 649 70 21 94.
Aviso Legal Política de Privacidade