Xandobela

  • Inicio
  • Xandobela
  • Proxectos

    Proxectos

    Volver
    • Lectura
    • Xogo
    • Lingua
    • Patrimonio
    • Lab de ideas e cartafol de actividades pasadas
    • Proxectos europeos
    • Somos xogo
    • Lévedo lilá
    • Xogando co patrimonio
  • Novas
  • Contacto
  • 649 70 21 94
  • Biblioteca Vivente
Xandobela. Educación e dinamización sociocultural
  • Inicio

    Benvida

  • Xandobela

    Sobre nós

  • Proxectos

    Que facemos

    • Lectura
    • Xogo
    • Lingua
    • Patrimonio
    • Lab de ideas e cartafol de actividades pasadas
    • Proxectos europeos
    • Somos xogo
    • Lévedo lilá
    • Xogando co patrimonio
  • Novas

    Actualidade

  • Contacto

    Falamos?

Actualidade

Imos cantar o Nadal!

  • Inicio
  • Novas
  • Imos cantar o Nadal!
Imos cantar o Nadal!
17 12 2014

Imos cantar o Nadal!

Os Cantos de Noiteboa, Cantos de Aninovo e Cantos dos Reis son os cantos propios da época do Nadal da tradición oral galega: era común organizarse en cuadrillas para ir pedir o aguinaldo dos veciños/as, de porta en porta, cantando estas pezas tradicionais e xuntar, así, algo de xantar para celebrar unha pequena festa ou paparota.

 

Esta tradición estase perdendo, como tantas outras manifestacións culturais populares: co esforzo de moita xente anónima, e ao longo dos anos, os cantos e as súas letras fóronse recollendo e recompilando, editando distintos materiais de difusión, discos, creando páxinas web... pero o que é a práctica de ir cantar, de xuntarse, de celebración conxunta coa veciñanza destas datas tan sinaladas... desapareceu practicamente en toda a xeografía galega.
Esta é unha proposta que persegue difundir o patrimonio cultural inmaterial relacionado coa tradición do Nadal galego entre a xente máis nova dunha maneira creativa, participativa e amena: a literatura oral (os Cantos, os romances...); a música (os ritmos e melodías empregas; os instrumentos...); e tamén os rituais relacionados con ir cantar os Reis (pedir licenza; pedir o aguinaldo; os agradecementos...).

É por isto que nas vindeiras datas xuntarémonos familias enteiras para elaborar instrumentos coas nosas propias mans, aprender un cando de Nadal e saír á rúa a pedir o aguinaldo en:

  • Sábado 20 de decembro ás 17h no local da asociación de Empresarios Comerciantes e Traballadores Autónomos de Riveira (av. Rosalía de Castro, 13)
  • Luns 22 de decembro ás 10:30h na biblioteca municipal de Cerceda.
  • Luns 22 de decembro ás 17h na rúa Colón, 7 (Galerías de 'Retales Lidia') Vigo.
  • Martes 23 de decembro ás 17h no local de ACECA (r/ SAn Roque 109 Vigo)
  • Mércores 24 de decembro ás 16:30h no local da asociación de Empresarios Comerciantes e Traballadores Autónomos de Ribeira (av. Rosalía de Castro, 13)
  • Luns 29 de decembro ás 17h no novo local da asociación Veciñal e Cultural Casco Vello (r/ Cánovas del Castillo, 2 baixo, Vigo)
  • Martes 30 de xaneiro ás 17h no centro cultural Fernando Casas Novoa do concello de Oroso
  • Venres 2 de xaneiro ás 17h nas galerías comerciais Gran Vía (av. Gran Vía, 176 Vigo)

 

Agardámosvos!

Actividades

  • Lectura
  • Xogo
  • Lingua
  • Patrimonio
  • Lab de ideas e cartafol de actividades pasadas
  • Proxectos europeos
  • Somos xogo
  • Lévedo lilá
  • Xogando co patrimonio

Últimos artigos

Presentación dos resultados do proxecto europeo "Muses: cultura xuvenil con perspectiva de xénero"
Presentación dos resultados do proxecto europeo "Muses: cultura xuvenil con perspectiva de xénero"
Biblioteca Vivente "Lévedo lilá"
Biblioteca Vivente "Lévedo lilá"
Intercambio xuvenil "Buscando musas" en Mantova (IT)
Intercambio xuvenil "Buscando musas" en Mantova (IT)
#NoitesAlternas2021
#NoitesAlternas2021
Ler conta moito 2021
Ler conta moito 2021
Despedimos o ano pechando o proxecto BABEL
Despedimos o ano pechando o proxecto BABEL
#NoitesAlternas2020
#NoitesAlternas2020
Ler conta moito 2020
Ler conta moito 2020
Rematamos o proxecto Erasmus + "Reading and non-formal education"
Rematamos o proxecto Erasmus + "Reading and non-formal education"
BABEL, novo proxecto Erasmus+ liderado por Xandobela
BABEL, novo proxecto Erasmus+ liderado por Xandobela
Xandobela. Educación e dinamización sociocultural
Xandobela. Xestión e dinamización sociocultural
Quiroga Palacios, 6 (baixo). Santiago de Compostela (A Coruña). T. 649 70 21 94.
Aviso Legal Política de Privacidade