Xandobela

  • Inicio
  • Xandobela
  • Proxectos

    Proxectos

    Volver
    • Lectura
    • Xogo
    • Lingua
    • Patrimonio
    • Lab de ideas e cartafol de actividades pasadas
    • Proxectos europeos
    • Somos xogo
    • Lévedo lilá
    • Xogando co patrimonio
  • Novas
  • Contacto
  • 649 70 21 94
  • Biblioteca Vivente
Xandobela. Educación e dinamización sociocultural
  • Inicio

    Benvida

  • Xandobela

    Sobre nós

  • Proxectos

    Que facemos

    • Lectura
    • Xogo
    • Lingua
    • Patrimonio
    • Lab de ideas e cartafol de actividades pasadas
    • Proxectos europeos
    • Somos xogo
    • Lévedo lilá
    • Xogando co patrimonio
  • Novas

    Actualidade

  • Contacto

    Falamos?

Actualidade

Intercambio xuvenil "Buscando musas" en Mantova (IT)

  • Inicio
  • Novas
  • Intercambio xuvenil "Buscando musas" en Mantova (IT)
Intercambio xuvenil "Buscando musas" en Mantova (IT)
28 09 2021

Intercambio xuvenil "Buscando musas" en Mantova (IT)

Subvencionado polo programa europeo Erasmus Plus.

Durante sete días, unha trintena de mozas e mozas de entre 14 e 18 anos e educadoras de Xandobela, La corte della Carta (Italia) e Associação Para o Desenvolvimento de Pitões (Portugal), xuntámonos en Mantova para pór en práctica actividades e metodoloxías no eido da intervención cultural co colectivo adolescente con mirada feminista.

O intercambio xuvenil "Buscando musas" é unha continuidade do traballo que desde o mes de xaneiro do 2021 vimos coordinando a canda as organizacións parceiras do proxecto "Muses" nos respectivos contextos locais.

Trátase dun proxecto no que se están a experimentar con múltiples técnicas, ferramentas e métodos para o descubrimento, análise e difusión da cultura e das artes con perspectiva de xénero. A nivel local estase a traballar con cadanseu grupo de adolescentes na busca e identificación de referentes culturais e artísticas con mirada feminista (ou Muses); estánselles a realizar entrevistas nas que se documentan as súas vivencias e opinións arredor dos estereotipos e barreiras por razón de xénero: unha labor de formación, investigación e creación audiovisual totalmente autoxerida polas propias mozas e mozos, e que dará como resultado unha galería de entrevistas nas que se amosará a experiencia dun total de 15 Muses da Galiza, Portugal e Italia, para o seu uso e aproveitamento na educación formal e na educación non formal.

O proceso de investigación-acción culminará coa publicación dunha guía metodolóxica para educadoras/es cuxo obxectivo é dotar de recursos, ideas e métodos transferibles a calquera contexto socioeducativo ou sociocultural.

Máis info: https://museserasmusplus.weebly.com/

 

Actividades

  • Lectura
  • Xogo
  • Lingua
  • Patrimonio
  • Lab de ideas e cartafol de actividades pasadas
  • Proxectos europeos
  • Somos xogo
  • Lévedo lilá
  • Xogando co patrimonio

Últimos artigos

Presentación dos resultados do proxecto europeo "Muses: cultura xuvenil con perspectiva de xénero"
Presentación dos resultados do proxecto europeo "Muses: cultura xuvenil con perspectiva de xénero"
Biblioteca Vivente "Lévedo lilá"
Biblioteca Vivente "Lévedo lilá"
Intercambio xuvenil "Buscando musas" en Mantova (IT)
Intercambio xuvenil "Buscando musas" en Mantova (IT)
#NoitesAlternas2021
#NoitesAlternas2021
Ler conta moito 2021
Ler conta moito 2021
Despedimos o ano pechando o proxecto BABEL
Despedimos o ano pechando o proxecto BABEL
#NoitesAlternas2020
#NoitesAlternas2020
Ler conta moito 2020
Ler conta moito 2020
Rematamos o proxecto Erasmus + "Reading and non-formal education"
Rematamos o proxecto Erasmus + "Reading and non-formal education"
BABEL, novo proxecto Erasmus+ liderado por Xandobela
BABEL, novo proxecto Erasmus+ liderado por Xandobela
Xandobela. Educación e dinamización sociocultural
Xandobela. Xestión e dinamización sociocultural
Quiroga Palacios, 6 (baixo). Santiago de Compostela (A Coruña). T. 649 70 21 94.
Aviso Legal Política de Privacidade