Xandobela

  • Inicio
  • Xandobela
  • Proxectos

    Proxectos

    Volver
    • Lectura
    • Xogo
    • Lingua
    • Patrimonio
    • Lab de ideas e cartafol de actividades pasadas
    • Proxectos europeos
    • Somos xogo
    • Lévedo lilá
    • Xogando co patrimonio
  • Novas
  • Contacto
  • 649 70 21 94
  • Biblioteca Vivente
Xandobela. Educación e dinamización sociocultural
  • Inicio

    Benvida

  • Xandobela

    Sobre nós

  • Proxectos

    Que facemos

    • Lectura
    • Xogo
    • Lingua
    • Patrimonio
    • Lab de ideas e cartafol de actividades pasadas
    • Proxectos europeos
    • Somos xogo
    • Lévedo lilá
    • Xogando co patrimonio
  • Novas

    Actualidade

  • Contacto

    Falamos?

Actualidade

O proxecto 'Dialogue for Tomorrow' chega ao seu fin

  • Inicio
  • Novas
  • O proxecto 'Dialogue for Tomorrow' chega ao seu fin
O proxecto 'Dialogue for Tomorrow' chega ao seu fin
14 10 2014

O proxecto 'Dialogue for Tomorrow' chega ao seu fin

Chegou ao seu remate o proxecto 'Dialogue for Tomorrow' ('Diálogo para un mañá') no que Xandobela colaborou coa Asociación Cultural e Xuvenil ITACA de Compostela que, en parcería con cinco entidades de outros tantos países europeos (Polonia, Eslovenia, Estonia, Lituania e Austria), durante dous anos desenvolveu un proxecto Grundtvig de Aprendizaxe permanente de adultos. O proxecto 'Dialogue for Tomorrow' é unha iniciativa baseada na experiencia e historia de vida dos nosos/as maiores e a aprendizaxe mutua entre xeracións, e busca traballar a promoción do diálogo interxeracional a través do desenvolvemento de actividades e o intercambio de boas prácticas.

Ao longo de dous anos desenvolvéronse as seguintes actividades:

VISITAS DE COORDINACIÓN E APRENDIZAXE a seis países:

  • Polonia, decembro de 2012.
  • Eslovenia, febreiro de 2013.
  • Polonia, agosto de 2013.
  • Estonia, outubro de 2013.
  • Galicia, xaneiro de 2014.
  • Lituania, marzo de 2014.
  • Austria, xuño de 2014.

UN ENCONTRO EN GALICIA DACABALO ENTRE COMPOSTELA E VIGO. Pinchando aquí terás máis información.

ACTIVIDADES LOCAIS, como a primeira Biblioteca Vivente desenvolvida en Santiago de Compostela, en colaboración co Museo do Pobo Galego. Aquí podes acceder ao catálogo de Libros.

EXPERIMENTOS ITAQUEIROS, como o proxecto 'Quiroga Viva', de diálogo interxeracional e divulgación do patrimonio cultural inmaterial no tempo libre.

E unha chea de aprendizaxes máis...

Eis aquí algúns vídeos e a memoria gráfica do proxecto.

Máis información, na web do proxecto pinchando aquí.

Parabéns Itaca!

E convite a todo o tecido asociativo galego para que se bote a navegar neste tipo de iniciativas!

Actividades

  • Lectura
  • Xogo
  • Lingua
  • Patrimonio
  • Lab de ideas e cartafol de actividades pasadas
  • Proxectos europeos
  • Somos xogo
  • Lévedo lilá
  • Xogando co patrimonio

Últimos artigos

Presentación dos resultados do proxecto europeo "Muses: cultura xuvenil con perspectiva de xénero"
Presentación dos resultados do proxecto europeo "Muses: cultura xuvenil con perspectiva de xénero"
Biblioteca Vivente "Lévedo lilá"
Biblioteca Vivente "Lévedo lilá"
Intercambio xuvenil "Buscando musas" en Mantova (IT)
Intercambio xuvenil "Buscando musas" en Mantova (IT)
#NoitesAlternas2021
#NoitesAlternas2021
Ler conta moito 2021
Ler conta moito 2021
Despedimos o ano pechando o proxecto BABEL
Despedimos o ano pechando o proxecto BABEL
#NoitesAlternas2020
#NoitesAlternas2020
Ler conta moito 2020
Ler conta moito 2020
Rematamos o proxecto Erasmus + "Reading and non-formal education"
Rematamos o proxecto Erasmus + "Reading and non-formal education"
BABEL, novo proxecto Erasmus+ liderado por Xandobela
BABEL, novo proxecto Erasmus+ liderado por Xandobela
Xandobela. Educación e dinamización sociocultural
Xandobela. Xestión e dinamización sociocultural
Quiroga Palacios, 6 (baixo). Santiago de Compostela (A Coruña). T. 649 70 21 94.
Aviso Legal Política de Privacidade