Xandobela

  • Inicio
  • Xandobela
  • Proxectos

    Proxectos

    Volver
    • Lectura
    • Xogo
    • Lingua
    • Patrimonio
    • Lab de ideas e cartafol de actividades pasadas
    • Proxectos europeos
    • Somos xogo
    • Lévedo lilá
    • Xogando co patrimonio
  • Novas
  • Contacto
  • 649 70 21 94
  • Biblioteca Vivente
Xandobela. Educación e dinamización sociocultural
  • Inicio

    Benvida

  • Xandobela

    Sobre nós

  • Proxectos

    Que facemos

    • Lectura
    • Xogo
    • Lingua
    • Patrimonio
    • Lab de ideas e cartafol de actividades pasadas
    • Proxectos europeos
    • Somos xogo
    • Lévedo lilá
    • Xogando co patrimonio
  • Novas

    Actualidade

  • Contacto

    Falamos?

Actualidade

Obradoiros de cociña de Nadal para a rapazada en Compostela

  • Inicio
  • Novas
  • Obradoiros de cociña de Nadal para a rapazada en Compostela
Obradoiros de cociña de Nadal para a rapazada en Compostela
17 12 2014

Obradoiros de cociña de Nadal para a rapazada en Compostela

OBRADOIROS DE COCIÑA PARA A RAPAZADA

NÚMERO MÁXIMO DE PARTICIPANTES: 30 (previa inscrición aquí)
IDADES: de 6 a 12 anos
LUGAR: Aula Gastronómica do Mercado de Abastos de Santiago de Compostela

A miúdo o contacto dos máis cativos co mundo da cociña é escaso e soe limitarse a tarefas menores e indirectamente relacionadas coa cociña en si (poñer ou recoller a mesa, varrer, secar a louza...). Se ben estes traballos son imprescindibles e moi recomendables, tamén é certo que non implican unha acción real na elaboración dos pratos.
No Nadal, época única e máxica do ano na que a gastronomía ocupa un lugar moi especial e se goza xeralmente na casa coa familia e amigos/as, é un bo momento para introducir aos nenos e nenas no mundo da cociña.

A través destes obradoiros búscase que os nenos/as se introduzan no universo da cociña, experimenten e aprendan a elaborar variadas receitas para poder sorprender na casa con todo o aprendido.

Son seis sinxelas e apetitosas receitas, tres entrantes e tres sobremesas, coas que tamén se traballarán aspectos relacionados coa presentación creativa dos pratos así como con hábitos de hixiene, seguridade e corresponsabilidade.


• SÁBADO 20 DE DECEMBRO, DE 11:30 A 13:00 HORAS
TARTALETAS DE HERBAS E QUEIXO DO PAÍS
Saborosas tartaletas de queixo perfumadas con todo tipo de herbas frescas.


• SÁBADO 20 DE DECEMBRO, DE 17:00 A 18:30 HORAS
GALLETAS DE XENXIBRE E CANELA
Elaboraremos as tradicionais galletas de xenxibre e canela e demostraremos os
nosos dotes artísticos decorándoas cun sinfín de cores.

• SÁBADO 27 DE DECEMBRO, DE 11:30 A 13:00 HORAS
MADALENAS DE QUEIXO E CHOURIZO
Unha maneira diferente de cociñar e presentar produtos tan tradicionais como o
chourizo e o queixo do país.


• SÁBADO 27 DE DECEMBRO, DE 17:00 A 18:30 HORAS
BOLIÑOS DE CABACIÑA
Un lucido entrante no que os nenos/as amasarán e darán forma aos seus
deliciosos boliños de cabaciña.


• SÁBADO 3 DE XANEIRO, DE 11:30 A 13:00 HORAS
TURRÓN DE CHOCOLATE
Que sería do Nadal sen o turrón? Aprenderemos a elaborar esta larpeirada que
tanto nos gusta. A quen non lle presta?


• SÁBADO 3 DE XANEIRO, DE 17:00 A 18:30 HORAS
CARBÓN DE REIS
Aprenderemos os segredos de elaboración deste gran doce de Nadal, que
poderemos levar a casa e agasallar no día de Reis como manda a tradición!

 

Mais información en http://www.compostelagastronomica.es/gl/programa/nadal-peque

Actividades

  • Lectura
  • Xogo
  • Lingua
  • Patrimonio
  • Lab de ideas e cartafol de actividades pasadas
  • Proxectos europeos
  • Somos xogo
  • Lévedo lilá
  • Xogando co patrimonio

Últimos artigos

Presentación dos resultados do proxecto europeo "Muses: cultura xuvenil con perspectiva de xénero"
Presentación dos resultados do proxecto europeo "Muses: cultura xuvenil con perspectiva de xénero"
Biblioteca Vivente "Lévedo lilá"
Biblioteca Vivente "Lévedo lilá"
Intercambio xuvenil "Buscando musas" en Mantova (IT)
Intercambio xuvenil "Buscando musas" en Mantova (IT)
#NoitesAlternas2021
#NoitesAlternas2021
Ler conta moito 2021
Ler conta moito 2021
Despedimos o ano pechando o proxecto BABEL
Despedimos o ano pechando o proxecto BABEL
#NoitesAlternas2020
#NoitesAlternas2020
Ler conta moito 2020
Ler conta moito 2020
Rematamos o proxecto Erasmus + "Reading and non-formal education"
Rematamos o proxecto Erasmus + "Reading and non-formal education"
BABEL, novo proxecto Erasmus+ liderado por Xandobela
BABEL, novo proxecto Erasmus+ liderado por Xandobela
Xandobela. Educación e dinamización sociocultural
Xandobela. Xestión e dinamización sociocultural
Quiroga Palacios, 6 (baixo). Santiago de Compostela (A Coruña). T. 649 70 21 94.
Aviso Legal Política de Privacidade