Xandobela

  • Inicio
  • Xandobela
  • Proxectos

    Proxectos

    Volver
    • Lectura
    • Xogo
    • Lingua
    • Patrimonio
    • Lab de ideas e cartafol de actividades pasadas
    • Proxectos europeos
    • Somos xogo
    • Lévedo lilá
    • Xogando co patrimonio
  • Novas
  • Contacto
  • 649 70 21 94
  • Biblioteca Vivente
Xandobela. Educación e dinamización sociocultural
  • Inicio

    Benvida

  • Xandobela

    Sobre nós

  • Proxectos

    Que facemos

    • Lectura
    • Xogo
    • Lingua
    • Patrimonio
    • Lab de ideas e cartafol de actividades pasadas
    • Proxectos europeos
    • Somos xogo
    • Lévedo lilá
    • Xogando co patrimonio
  • Novas

    Actualidade

  • Contacto

    Falamos?

Actualidade

O proxecto Erasmus+ "The adventure of reading" chega ao seu fin despois de dous anos de cooperación transnacional

  • Inicio
  • Novas
  • O proxecto Erasmus+ "The adventure of reading" chega ao seu fin despois de dous anos de cooperación transnacional
O proxecto Erasmus+ "The adventure of reading" chega ao seu fin despois de dous anos de cooperación transnacional
28 09 2017

O proxecto Erasmus+ "The adventure of reading" chega ao seu fin despois de dous anos de cooperación transnacional

'The adventure of reading' é un proxecto de educación de persoas adultas subvencionado polo programa Erasmus+ dentro das chamadas Asociacións Estratéxicas, no que participamos Xandobela desde Galicia, Associação Para o Desenvolvimento de Pitões desde Portugal e La Corte della Carta desde Italia.

 

É unha estratexia de cooperación transnacional que busca desenvolver competencias e capacidades nas persoas adultas interesadas no fomento da lectura e a promoción de hábitos lectores a través de enfoques creativos para a dinamización da cultura, o multilingüismo e a interacción social. Buscouse crear unha metodoloxía integral, innovadora, práctica e transferible a calquera contexto e realidade social, para a animación á lectura, a través de diversas actividades: estudo e identificación de boas prácticas nos tres países, a experimentación con métodos e actividades durante a execución de iniciativas locais e un exhaustivo proceso de avaliación de todas estas medidas.

O noso reto e misión é conseguir artellar unha metodoloxía que xunte todos estes elementos de xeito coherente, rigoroso, integral, didáctico e, que ao mesmo tempo, sexa transferible e susceptible de ser introducida en calquera contexto e realidade social e/ou cultural.

 

Para isto, tres organizacións europeas que traballan na animación á lectura/literatura desde enfoques diferentes (tradición e narración oral; teatro e creación de recursos; mediación para a animación á lectura) e con procedencias e realidades locais moi diversas (ámbito rural, semiurbano e urbano) compartimos durante dous anos os nosos coñecementos e experiencias coa finalidade de crear e testar novos enfoques e métodos innovadores para o fomento do hábito lector. Foron moi numerosas e variadas as actividades desenvolvidas tanto a nivel rexional como a nivel transnacional, coa inestimable cooperación de parceiros locais que propiciaron a creación dunha rede de colaboradores estable e motivada: obradoiros e xogos literarios, recuperación de literatura de tradición oral, actividades formativas, creación e difusión de propostas escénicas colectivas, dinamización de obras literarias, creación de espazos para a lectura...

 Froito do proceso de investigación e experimentación de novas metodoloxías no campo da animación á lectura e o fomento de hábitos lectores, elaboráronse dous produtos intelectuais, dispoñibles en español, inglés, galego, portugués e italiano:

  • Guía metodolóxica para o fomento dos hábitos lectores e animación á lectura.
  • Compilación de guías didácticas e creativas de lecturas seleccionadas: análise e proposta de actividades para a súa dinamización.

 

Estas guías pretenden ser unha ferramenta práctica e útil para un grande número de profesionais e colectivos: mestres, técnicos e programadores culturais, artistas, educadores/as non formais, editores, libreiros/as, bibliotecarios/as, estudantes, contacontos, narradores orais e calquera persoa interesada.

Actividades

  • Lectura
  • Xogo
  • Lingua
  • Patrimonio
  • Lab de ideas e cartafol de actividades pasadas
  • Proxectos europeos
  • Somos xogo
  • Lévedo lilá
  • Xogando co patrimonio

Últimos artigos

Presentación dos resultados do proxecto europeo "Muses: cultura xuvenil con perspectiva de xénero"
Presentación dos resultados do proxecto europeo "Muses: cultura xuvenil con perspectiva de xénero"
Biblioteca Vivente "Lévedo lilá"
Biblioteca Vivente "Lévedo lilá"
Intercambio xuvenil "Buscando musas" en Mantova (IT)
Intercambio xuvenil "Buscando musas" en Mantova (IT)
#NoitesAlternas2021
#NoitesAlternas2021
Ler conta moito 2021
Ler conta moito 2021
Despedimos o ano pechando o proxecto BABEL
Despedimos o ano pechando o proxecto BABEL
#NoitesAlternas2020
#NoitesAlternas2020
Ler conta moito 2020
Ler conta moito 2020
Rematamos o proxecto Erasmus + "Reading and non-formal education"
Rematamos o proxecto Erasmus + "Reading and non-formal education"
BABEL, novo proxecto Erasmus+ liderado por Xandobela
BABEL, novo proxecto Erasmus+ liderado por Xandobela
Xandobela. Educación e dinamización sociocultural
Xandobela. Xestión e dinamización sociocultural
Quiroga Palacios, 6 (baixo). Santiago de Compostela (A Coruña). T. 649 70 21 94.
Aviso Legal Política de Privacidade