Xandobela

  • Inicio
  • Xandobela
  • Proxectos

    Proxectos

    Volver
    • Lectura
    • Xogo
    • Lingua
    • Patrimonio
    • Lab de ideas e cartafol de actividades pasadas
    • Proxectos europeos
    • Somos xogo
    • Lévedo lilá
    • Xogando co patrimonio
  • Novas
  • Contacto
  • 649 70 21 94
  • Biblioteca Vivente
Xandobela. Educación e dinamización sociocultural
  • Inicio

    Benvida

  • Xandobela

    Sobre nós

  • Proxectos

    Que facemos

    • Lectura
    • Xogo
    • Lingua
    • Patrimonio
    • Lab de ideas e cartafol de actividades pasadas
    • Proxectos europeos
    • Somos xogo
    • Lévedo lilá
    • Xogando co patrimonio
  • Novas

    Actualidade

  • Contacto

    Falamos?

Actualidade

Rede Cultural 2014 da Deputación da Coruña

  • Inicio
  • Novas
  • Rede Cultural 2014 da Deputación da Coruña
Rede Cultural 2014 da Deputación da Coruña
11 02 2014

Rede Cultural 2014 da Deputación da Coruña

Xa está aberto o prazo para solicitar as actuacións dentro do programa da Rede Cultural 2014 da Deputación da Coruña.

Todos os concellos e asociacións da provincia que formen parte da Rede Cultural tedes ata o vindeiro 26 de febreiro para facer as vosas solicitudes.

Nesta edición Xandobela preparou un catálogo amplo e atractivo con proxectos e ofertas para todas as idades e para conmemorar as datas máis sinaladas deste ano 2014:

  • Amiga Cantiga: contacontos e didáctica. Obradoiro lúdico, participativo e creativo no que se reinterpreta a lírica medieval coas tendencias artísticas e musicais máis modernas.
  • Andersen era un neno: contacontos e creatividade para nenos e nenas.
  • Cont@s Clásic@s: revisión artística, lúdica e participativa dos contos populares con perspectiva de xénero.
  • Galicia, país das letras: proposta lúdica e participativa de dinamización lingüística, divulgación cultural e tradición oral.
  • Lembranzas de Díaz Castro: contacontos, música e poesía sobre a vida e obra do autor homenaxeado no día das Letras Galegas.
  • Díaz Castro na voz da xente: proposta lúdico-participativa en torno ao día das Letras Galegas.
  • En busca do libro perdido: proxecto de animación á lectura para os nenos/as máis maiores. Un xeito diferente de achegarlles a literatura e o mundo da lectura.
  • Rosalía, unha meniña: espectáculo de poesía, historia, música e ficción poética, que conmemora o 150º aniversario da publicación de Cantares Gallegas de Rosalía de Castro.
  • Ía un día polo monte, queres que cho conte?: sesións de contadas interactivas acompañadas con actividades de creatividade e lúdicas.
  • Un saco cheo de contos: xornada de contacontos para público infantil e xuvenil ideal para celebrar festas e datas do máis variado.
  • Os papalagui e o artista: contacontos didáctica e musicado en torno a vida e obra de Roberto Vidal Bolaño, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas no ano 2013.

Buscade por 'Xandobela' como nome do Grupo e atoparedes os detalles de cada unha das propostas!

E non dubidedes en solicitar máis información no correo nerea@xandobela.info

Actividades

  • Lectura
  • Xogo
  • Lingua
  • Patrimonio
  • Lab de ideas e cartafol de actividades pasadas
  • Proxectos europeos
  • Somos xogo
  • Lévedo lilá
  • Xogando co patrimonio

Últimos artigos

Presentación dos resultados do proxecto europeo "Muses: cultura xuvenil con perspectiva de xénero"
Presentación dos resultados do proxecto europeo "Muses: cultura xuvenil con perspectiva de xénero"
Biblioteca Vivente "Lévedo lilá"
Biblioteca Vivente "Lévedo lilá"
Intercambio xuvenil "Buscando musas" en Mantova (IT)
Intercambio xuvenil "Buscando musas" en Mantova (IT)
#NoitesAlternas2021
#NoitesAlternas2021
Ler conta moito 2021
Ler conta moito 2021
Despedimos o ano pechando o proxecto BABEL
Despedimos o ano pechando o proxecto BABEL
#NoitesAlternas2020
#NoitesAlternas2020
Ler conta moito 2020
Ler conta moito 2020
Rematamos o proxecto Erasmus + "Reading and non-formal education"
Rematamos o proxecto Erasmus + "Reading and non-formal education"
BABEL, novo proxecto Erasmus+ liderado por Xandobela
BABEL, novo proxecto Erasmus+ liderado por Xandobela
Xandobela. Educación e dinamización sociocultural
Xandobela. Xestión e dinamización sociocultural
Quiroga Palacios, 6 (baixo). Santiago de Compostela (A Coruña). T. 649 70 21 94.
Aviso Legal Política de Privacidade