A nosa Ludoteca Itinerante de xogos en familia non tivo un momento de acougo este verán. Comezamos en xuño e non paramos ata setembro! Fixádevos:
7 de setembro trouleamos nas grandes festas de Candeán (Vigo)
E isto non remata aquí! Estamos a facer medrar cada día o noso repertorio de xogos e enredos e sempre estamos list@s para ir a onde sexamos chamados e haxa ganas de xogar e pasalo ben. E ti, a que agardas para chamarnos?
- Máis de 20 xogos artesanais de precisión, de lanzamento, de habilidade, de enxeño, de cooperación..
- Para todas as idades
- Para interiores e exteriores, adaptable a calquera espazo
- Acolle un gran número de participantes simultaneamente
A Ludoteca Itinerante 'detroulaentroula' componse dunha colección de xogos para todas as idades elaborados
artesanalmente e inspirados en xogos tradicionais de épocas e lugares diversos que sempre está lista para ir a onde for chamada e haxa ganas de xogar e de pasalo ben.
En Xandobela, que significa xogar en barallete, cremos que o xogo é unha actividade esencial para o desenvolvemento das persoas e é unha valiosa ferramenta para dar lugar a unha sociedade mellor, promove a comunicación entre as persoas, permite afondar nas relacións entre os individuos, potenciando a creatividade e o talento, estimulando a posibilidade de
ver as cousas de xeitos diferentes, favorecendo mentes abertas, alimentando a capacidade de transformar os conceptos e imaxinar perspectivas novas.
A idea da ludoteca itinerante é cear un espazo de ocio alternativo, onde poder gozar do xogo en familia á vez que desenvolvemos as nosas habilidades e destrezas manuais, cognitivas e a capacidade imaxinativa.
Dispón dun catálogo de xogos de gran formato de precisión, de lanzamento, de habilidade, de enxeño, de cooperación.. algúns son os de toda a vida e outros que reinventamos a partir de materiais de refugallo. Xogos simples e artesanais sen necesidade de pilas, plásticos ou luces de neón...
INFORMACIÓN E CONTRATACIÓN: