Musicolandia en Itaca

 

Unha nova vez, e en colaboración coa Asociación Cultural e Xuvenil Itaca, poñemos en marcha o proxecto de conciliación familiar para esta Semana Santa.

Buscamos posibilitar aos nenos/as o disfrute dunha alternativa lúdica e de calidade no seu tempo vacacional, ao tempo que se lle achegan contidos musicais e de expresión artística e teatral.

'Musicolandia' terá lugar os días 2, 3, 4 e 9 de abril en horario de 7:30 a 15:30 horas, con posibilidade almorzo e xantar, para nenos/as de entre 4 e 10 anos.

O prazo de inscrición remata o 28 de marzo. Non vos demoredes!

Tedes máis información nos documentos adxuntos.

 

AdxuntoTamaño
Musicolandia Ficha de Inscrición.pdf175.62 KB
Musicolandia.pdf326.01 KB