Portugaliza
<!--
@page { margin: 2cm }
P { margin-bottom: 0.21cm }
-->
Gallaecia é a antiga provincia romana que no noroeste de Hispania
contaba con tres capitais: Brácara Augusta, Lucus Augusta e Astúrica
Augusta (Braga, Lugo e Astorga) e cunha rede viaria que as comunicaba
surcando montes e vales.
Portugaliza é o acampamento que algúns anos despois promove
facer caer as fronteiras, reandar os vellos camiños e inventar
horizontes novos para a mocidade destas terras que hoxe chamamos
Galiza e Norte de Portugal. Neste acampamento @s participantes
terán ocasión de facer amizades dun lado e do outro da Raia,
coñecer os espazos naturais e o modo de vida nesta zona de montes
afastada das zonas urbanas, visitar pegadas romanas e aínda máis
antergas, probar variadas augas...
Este é un acampamento transfronteirizo. Transfronteirizo é o
lugar, transfronteiriza a equipa de monitores que o argalla, e
transfronteirizos os participantes pois procederán a metade dun e do
outro lado da Raia.
O lugar de Entrimo atópase situado en plena Raia seca, no entorno
do Parque Natural Baixa Limia- Serra do Xurés (Galiza) e do Parque
Nacional Peneda-Gerês (Portugal), que son o primeiro espazo natural
na península en trámites de ser xestionado coordenadamente entre as
administracións de ambos estados.
Podes visitar o blog creado polos mozos/as participantes aquí.
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| Resumo Portugaliza 2007 | 146.07 KB |