Proxectos

Coñece as propostas de Xandobela. Utiliza os botóns para visualizar os nosos proxectos por categorías.

Pan e auga? Sopas!

Pan e auga? Sopas!

O protagonismo de cantigas de base popular e tradicional, a gastronomía e os enredos e brincadeiras forman parte da narración das historias de avó Casiano. A contada remata cun sinxelo obradoiro de cociña creativa a xeito de brincadeira, pero que sorprende por igual a grandes e a pequenos.

"O meu avó Casiano era listo coma un allo e grande coma un día sen pan e coñecido na redonda por lle saber tirar do xenio aos soberbios, aconsellar ben a quen lle fora preguntar e deleitar aos máis exquisitos padais con receitas de colleita propia e insólitos ingredientes."

Ficha técnica

  • Para nenos/as a partir dos 4 anos e público familiar.
  • Duración: 80 minutos aproximadamente.
  • Tempo de montaxe | desmontaxe: 10 minutos.
  • Espazo requirido: biblioteca, aula acolledora con boa acústica.


Solicita orzamento


Descrición

Sesións de contadas interactivas quentiñas, sen amplificación, acompañadas con actividades de creatividade e lúdicas. O diálogo, o intercambio de vivencias en torno á temática proposta, a participación directa dos rapaces/zas, a proximidade da 'contadora de historias' con quen escoita e o protagonismo absoluto do libro... son elementos fundamentais para que a experiencia sexa enteiramente significativa, construtiva e que realmente se chegue a xerar hábito lector.

Quen ten cu ten medo

Quen ten cu ten medo

O medo é unha emoción que está presente ao longo de toda a vida do ser humano: na literatura infantil temos grandes historias e personaxes que pasaron xa a formar parte do noso imaxinario colectivo. Darémoslle un repaso a todo iso e aprenderemos a asumir o medo sen complexos e como algo natural.


"Becho que rebufas
detrás dese penedo.
Vaite d'aí
que non che teño medo!"

Ficha técnica

  • Para nenos/as a partir dos 4 anos e público familiar.
  • Duración: 80 minutos aproximadamente.
  • Tempo de montaxe | desmontaxe: 10 minutos.
  • Espazo requirido: biblioteca, aula acolledora con boa acústica.

 


Solicita orzamento


Descrición

Sesións de contadas interactivas quentiñas, sen amplificación, acompañadas con actividades de creatividade e lúdicas. O diálogo, o intercambio de vivencias en torno á temática proposta, a participación directa dos rapaces/zas, a proximidade do 'contador de historias' con quen escoita e o protagonismo absoluto do libro... son elementos fundamentais para que a experiencia sexa enteiramente significativa, construtiva e que realmente se chegue a xerar hábito lector.

 

 

Feito en

Bibliotecas e escolas de toda Galicia.

Imos levarnos ben...

Imos levarnos ben...

Ás veces portámonos mal e convertémonos en bechos insoportables; ás veces somos adorables e encantadores... Contos de diversidade e interculturalidade, para a paz e a convivencia.

"Non me non me, que te que te.
Tremenda parvada teño diante!
Que, se enfadarse leva un suspiro,
facer as paces un instante!"

Ficha técnica

  • Para nenos/as a partir dos 4 anos e público familiar.
  • Duración: 80 minutos aproximadamente.
  • Tempo de montaxe | desmontaxe: 10 minutos.
  • Espazo requirido: biblioteca, aula acolledora con boa acústica.


Solicita orzamento


Descrición

Sesións de contadas interactivas quentiñas, sen amplificación, acompañadas con actividades de creatividade e lúdicas. O diálogo, o intercambio de vivencias en torno á temática proposta, a participación directa dos rapaces/zas, a proximidade do 'contador de historias' con quen escoita e o protagonismo absoluto do libro... son elementos fundamentais para que a experiencia sexa enteiramente significativa, construtiva e que realmente se chegue a xerar hábito lector.

 

Feito en

Bibliotecas e escolas de toda Galicia.

Formou parte do catálogo "Ler conta moito" da rede de bibliotecas de Galicia da Xunta de Galicia.

Dentro do catálogo da "Rede cultural" da Deputación da Coruña.

Ía un can polo monte... Queres que cho conte?

Ía un can polo monte... Queres que cho conte?

As temáticas que se tratan en cada sesión de contacontos servirán para introducir a realización de obradoiros plásticos de diversa tipoloxía. Algunhas das sesións son:

  • 'Fábulas Fabulosas'
  • 'Medo eu? Noooon...'
  • 'Contos en clave de sol'
  • 'Macedonia de contos'
  • 'A volta ao mundo en contos'
  • 'Contos da lareira'

Ficha técnica

  • Para grupos de ata 40 participantes de 4 a 12 anos.
  • Duración da actividade: 90 minutos/quenda.
  • Necesítase un espazo tipo aula, biblioteca... (cómodo, acolledor) e mesas para os obradoiros.
  • Tempo de montaxe | desmontaxe: 10 minutos.
  • Dispoñemos de programación testada para máis de 30 sesións.


Solicita orzamento


Descrición

Sesións de contadas interactivas acompañadas con actividades de creatividade e lúdicas. O diálogo, o intercambio de vivencias en torno á temática proposta, a participación directa dos rapaces/zas, a proximidade do 'contador de historias' con quen escoita e o protagonismo absoluto do libro... son elementos fundamentais para que a experiencia sexa enteiramente significativa, construtiva e que realmente se chegue a xerar hábito lector.

Aventuras Literarias

Aventuras Literarias

Clásicos da Literatura Xuvenil; a Literatura Xuvenil galega; variedade de xéneros; creatividade e creación literaria; o noso particular xeito de presentar as lecturas e o 'Librómetro', farán que esa 'idade na que se comeza a deixar de ler' xa non sexa tal.

Ficha técnica

  • Para grupos de ata 25 participantes de 8 a 12 anos.
  • Duración da actividade: 90 minutos/sesión. No curso escolar, propoñemos realizar unha sesión cada mes.
  • Necesítase un espazo tipo aula, biblioteca... (cómodo, acolledor) e mesas para os obradoiros.
  • Tempo de montaxe | desmontaxe: 10 minutos.


Solicita orzamento


Descrición

Unha maneira diferente de fomentar a lectura entre os nenos/as máis maiores: xogos, enigmas, novas tecnoloxías, retos e probas... serán os ingredientes indispensables para gozar das aventuras deste especial e suxerinte Club de Lectura.

 

 

Feito en

Biblioteca municipal do Concello de Oroso, Espazo para a lectura da Obra Social Caja Madrid, Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura, Rede de Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia, ANPA O Camiño do CPI de Arca...

O chineiro da tía María

O chineiro da tía María

A PARTIR DE FEBREIRO DE 2020

Aínda que a xente grande se farte de escoitar os nosos “e por que isto...? E por que isto outro...?”, é de intelixentes querer saber o porqué das cousas. Se á xente grande se lles acaba a paciencia e deixa de responder as nosas dúbidas, non hai máis que ir á casa da Tía María, á que nada lle preguntabas e todo che dicía. Na súa cociña ten un chineiro que nin que fose máxico! Sempre ten sabias respostas a calquera pregunta que lle poidas formular. Que é, que será, o que a Tía María fai por alí gardar?

Ficha técnica

  • Para nenos/as a partir dos 4 anos e público familiar (6º de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria).
  • Duración: 60 minutos aproximadamente.
  • Tempo de montaxe | desmontaxe: 20 minutos.
  • Espazo requirido: biblioteca, aula acolledora con boa acústica.


Solicita orzamento


Descrición

 

“O chineiro da Tía María” é unha contada que emprega a técnica tradicional de Italia do “cantastorie”, no que se mistura a narración de historias, as pinturas en grandes lenzos e a música. Esta proposta xurde da participación de Xandobela no proxecto “Babel: técnicas para a difusión do patrimonio oral e literario” subvencionado polo programa europeo Erasmus+.

 

Eira Xandobeleira

Eira Xandobeleira

  • Máis de 40 xogos artesanais de precisión, de lanzamento, de habilidade, de enxeño, de cooperación.
  • Para todas as idades
  • Para interiores e exteriores
  • Adaptable a calquera espazo e celebración
  • Acolle un grande número de participantes simultaneamente.

 

 

Ficha técnica

  • Espazo chan duns 200 m2.
  • Acceso de paso á furgoneta e aparcamento próximo.
  • Duración da actividade: de 2 a 3 horas..
  • Tempo de montaxe | desmontaxe: 60 minutos.
  • Proxecto itinerante e en constante ampliación.


Solicita orzamento


Descrición

Componse dunha colección de xogos para todas as idades elaborados artesanalmente e inspirados en xogos tradicionais de épocas e lugares diversos que sempre está lista para ir a onde for chamada e haxa ganas de xogar e de pasalo ben. A idea da ludoteca itinerante é cear un espazo de ocio alternativo, onde poder gozar do xogo en familia á vez que desenvolvemos as nosas habilidades e destrezas manuais, cognitivas e a capacidade imaxinativa.

Dispón dun catálogo de xogos de gran formato de precisión, de lanzamento, de habilidade, de enxeño, de cooperación.. algúns son os de toda a vida e outros que reinventamos a partir de materiais de refugallo. Xogos simples e artesanais sen necesidade de pilas, plásticos ou luces de neón...

 

 

Feito en

A nosa ludoteca itinerante leva visitado e dinamizado máis de 300 festas, eventos, festivais, feiras... ao longo de toda a xeografía galega desde o 2008, sendo pioneira na divulgación do patrimonio lúdico do país.

Festas do barrio de San Pedro, Festival As nosas músicas de Couso, Encontros de música tradicional de Carboeiro, Festival Sinsal, Festa Irmandiña de Catoira, Festas da Guadalupe de Rianxo, San Froilán de Lugo, Romaría Cativa de Compostela, Festas do programa Apego, San Xoán Pequeniño da Coruña, no programa "No verán un conto..." e "Os libros ao sol" do SNL do Concello de Vigo, Alfaroleiros do Concello de Oleiros, Foliada do Bosque, Banquete de Conxo... e numerosísimas escolas, festas patronais e celebracións de todo tipo.

Xoguetoloxía: obradoiro de xogos, xoguetes e enredos co que che caia nas mans

Xoguetoloxía: obradoiro de xogos, xoguetes e enredos co que che caia nas mans

Nos tempos de cando os nosos avós/as eran cativos/as xogábase con calquera cousa e incluso se fabricaban os seus propios enredos; sería por necesidade mais a verdade é que era un proceso moito máis creativo. Co uso das novas tecnoloxías estase a fomentar un ocio moi sedentario e individualista que case chega a desnaturalizar a propia significación do propio xogo. Por iso queremos que os rapaces e rapazas se acheguen ao mundo do xogo imitando as fórmulas que anteriormente se utilizaban e fornecelos dunha ampla gama de xogos cos que pasen un rato divertido en grupo sendo eles os verdadeiros protagonistas activos.

Ficha técnica

  • Para nenos/as a partir dos 4 anos.
  • Duración da actividade: 90 minutos/sesión.
  • Necesítase un espazo con mesas
  • Tempo de montaxe | desmontaxe: 20 minutos.


Solicita orzamento


Descrición

Trátase de sesións de obradoiros nos que os nenos/as confeccionarán os seus propios xogos e trebellos con material de refugallo. Birlos, peóns, boliches, papaventos... Xandobela conta cun amplo repertorio de obradoiros cos que os nenos/as gozarán e aprenderán a construír os seus propios enredos e a xogar sen necesidade de grandes gastos e fomentando a creatividade e a autonomía.

 

 

Feito en

Campaña escolar de dinamización lingüística do SNL do Concello de Pontevedra, campaña escolar de dinamización lingüística do SNL do Concello de Oleiros, Concello de Narón no marco do programa Apego, Concellaría de Xuventude do Concello de Vigo, Día dos Museos da Cidade da Cultura, multitude de escolas e festas...

Pedra Viva

Pedra Viva

Coñecemos as vilas que visitamos e habitamos, mais por regra cotián saber pouco sabemos delas e da(s) súa(s) historia(s). Da man dos persoeiros e testemuños en pedra, esta estratexia lúdica de divulgación cultural promove o coñecemento das nosas vilas e lugares dun xeito creativo, activo e divertido axeitado quer para nativos, quer para foráneos, mediante un xogo de descuberta dos lugares con cámaras fotográficas.

Ficha técnica

  • Duración: 1h50'
  • Para grandes grupos.
  • Para todas as idades


Solicita orzamento


Descrición

Actividade de unha hora e media de duración para grandes grupos (sen límite máximo de participantes) e para todas as idades, preferiblemente cunha velada posterior que permita fechar de maneira conxunta a experiencia. Se ben está preparado para Compostela, é adaptable a calquera outro lugar en función da demanda.

 

 

Feito en

Secretaría Xeral Política Lingüística, Espazo para a Lectura da Obra Social Caja Madrid, Trevisani...

Xoguetoloxía: obradoiro de xogos sen nada nas mans

Xoguetoloxía: obradoiro de xogos sen nada nas mans

Nos tempos de cando os nosos avós/as eran cativos/as xogábase con calquera cousa e incluso se fabricaban os seus propios enredos; sería por necesidade mais a verdade é que era un proceso moito máis creativo. Co uso das novas tecnoloxías estase a fomentar un ocio moi sedentario e individualista que case chega a desnaturalizar a propia significación do propio xogo. Por iso queremos que os rapaces e rapazas se acheguen ao mundo do xogo imitando as fórmulas que anteriormente se utilizaban e fornecelos dunha ampla gama de xogos cos que pasen un rato divertido en grupo sendo eles os verdadeiros protagonistas activos.

Ficha técnica

  • Para grupos de ata 25 nenos/as a partir dos 8 anos.
  • Duración da actividade: ao redor de 60 minutos/sesión.
  • Necesítase un espazo amplo e acolledor, con boa acústica e libre de mobiliario.
  • Tempo de montaxe | desmontaxe: 20 minutos.


Solicita orzamento


Descrición

Obradoiro de xogos que non precisan de material para gozar deles: xogos bailados, xogos lingüísticos, xogos musicais... Unha actividade na que compartiremos unha serie de enredos e dinámicas que amosan unha parte do rico patrimonio lúdico galego, aquel que se crea e se recrea no cotiá, na participación grupal e social, na oralidade e na sinxeleza e humildade para o desenvolvemento e a expresión lúdica das persoas, sen nada nas mans e nos petos.

Feito en

Campañas escolares de dinamización lingüística do Concello de Pontevedra.

Lingua Forza 3

Lingua Forza 3

Guía práctica para fomentar o galego na área de Educación Física "Bota e rebota e cae na túa boca": no ano 2012 elaboramos esta guía didáctica para o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo como complemento da actividade. Bótalle un ollo!

Ficha técnica

  • Para grupos de ata 50 participantes de 6 a 12 anos (adaptamos a proposta segundo grupo de idade)
  • Duración da actividade: 80 minutos/quenda
  • Necesítase un espazo amplo con boa acústica e sen mobiliario, preferiblemente instalacións deportivas (cubertas ou no exterior).
  • Tempo de montaxe | desmontaxe: 15 minutos.


Solicita orzamento


Descrición

Proxecto de dinamización lingüística con formato de xincana e posta en escena dramatizada, no que os rapaces/zas participantes terán que superar varias probas dando conta das súas destrezas físicas, lingüísticas e de traballo en equipo.

Ponse en interrelación directa os currículums de lingua e literatura galegas e de educación física.

Perfecta para o ámbito escolar pero tamén para propostas de lecer educativo e actividades de educación non formal.

 

Feito en

Campañas escolar de dinamización lingüística nos Concellos de Vigo, Pontevedra, Oleiros: desde o ano 2011 máis de 8.000 estudantes de Primaria participaron na actividade a través destas campañas; Concellos de Betanzos, Curtis, Carnota...; Secretaría Xeral de Política Lingüística dentro do proxecto "O galego campa".

Biblioteca Vivente

Biblioteca Vivente

Coa intención de achegar á nosa terra as correntes de intervención educativa hoxendía máis interesantes e situar Galicia no mapa europeo, Xandobela comezou tempo atrás a relacionarse e asociarse con outras entidades análogas activas no continente No bienio 2009- 2011 a través do proxecto 'Books 21', ao abeiro do programa de aprendizaxe permanente de adultos da Comisión Europea 'Grundtvig', coñecimos o fenómeno das  'Bibliotecas Viventes', unha proposta metodolóxica innovadora celebrada por primeira vez en Dinamarca no 2000 e promovida dende o 2001 polo Consello de Europa como ferramenta de educación intercultural.

 

Este proxecto, a través da súa primeira convocatoria, foi merecedor do 1º premio na fase autonómica do I Concurso de Proxectos de Educación Social 'Memorial Toni Julià' e dun accésit na fase estatal; deu lugar a varios artigos publicados en revistas de ámbito estatal e a convites para a presentación da experiencia en numerosos foros profesionais da educación social e divulgación cultural; tamén fomos chamados a impartir formación relativa á implantación desta metodoloxía en distintos contextos e entidades culturais.

 

Ficha técnica

  • A partir dos 12 anos.
  • Duración da actividade: 100 minutos/quenda.
  • Necesítase un espazo polivalente con tanto subespazos como Libros vivos teña a BV.
  • Tempo estimado de preparación do proxecto: 2 meses. O proceso de identificación e recollida de información dos Libros Vivos require unha labor de investigación de campo moi exhaustiva.


Solicita orzamento


Descrición

Unha Biblioteca Vivente é unha biblioteca na que os libros son persoas. Persoas con singulares historias de vida ou que posúen determinados coñecementos e que difunden a súa experiencia a través da interacción, entrevista e diálogo cos usuarios/as (Lectores/as). A Biblioteca Vivente (BV) é un proxecto educativo e cultural que pretende achegar coñecementos ás persoas dun xeito ameno, directo e participativo. É un proxecto de dinamización do coñecemento que convida a indagar e a descubrir aspectos novidosos sobre o tema proposto dende a propia experiencia e dende os propios intereses. Axuda a combater o descoñecemento, ignorancia, prexuízos e estereotipos dunha maneira activa e vivenciada.

En Xandobela empregamos esta metodoloxía para traballar o diálogo interxeracional, mostrar a historia oral e o Patrimonio Cultural Inmaterial galego e romper cos prexuízos lingüísticos.

 

 

Feito en

A primeira Biblioteca Vivente do país tivo lugar no 2011 en colaboración co SNL do Concello de Vigo e o proxecto europeo Grundtvig "Books21". Desde aquela, desenvolvemos cada curso unha nova edición na que se abordan distintas temáticas: "Os tesouros vivos", "Grandes tesouros", "A lingua viva", "O deporte dá xogo"... Nestas 8 edicións, participaron ao redor de 70 libros vivos e 4.000 estudantes dos institutos vigueses. Aquí podedes ver un vídeo do "como se fixo" a primeira BV e unha reportaxe da TVG. E aquí, aquí, aquí, aquí e aquí algunhas imaxes dos catálogos e do desenvolvemento das seguintes edicións.

Desenvolvimos ademais 2 edicións da Biblioteca Vivente "Tesouros vellos para xente nova" en colaboración co Museo do Pobo Galego, a Asociación Itaca e o Concello de Santiago de Compostela. Buscábase rachar cos prexuízos existentes en torno á tradición, desbotar a visión arcaica, rural e estática que se ten sobre a tradición e a cultura galegas, revalorizándoas e descubrindo as súas potencialidades. Tedes aquíaquí o catálogo de Libros Vivos e algunhas imaxes.

Tamén experimentamos coa fórmula a canda a Asociación Cultural e Xuvenil Itaca no proxecto europeo "Dialogue for tomorrow" e deu como resultado unha biblioteca vivente itinerante para dar a coñecer o patrimonio cultural inmaterial e historia local do Concello de Quiroga no marco dun campamento de verán. Os resultados poden verse nesta páxina web.

Quen dis que era?

Quen dis que era? vaz andrade uxío

 

 

Amosámosvos aquí algunha das unidades didácticas elaboradas para o proxecto na súa anterior versión "Na voz da xente":

Ramón Piñeiro na voz da xente.

Lois Pereiro na voz da xente.

Roberto Vidal Bolaño na voz da xente.

Ficha técnica

  • Para grupos de ata 50 rapaces/zas, a partir de 4º de Primaria.
  • Duración da actividade: 60 minutos aproximadamente.
  • Necesítase espazo amplo e libre de mobiliario, con boa acústica.
  • Tempo de montaxe | desmontaxe: 20 minutos.


Solicita orzamento


Descrición

Proxecto de divulgación e dinamización da obra e figura do autor homenaxeado no Dia das Letras Galegas, con formato de xincana literaria. No ano 2020 versará sobre a vida e obra de Ricardo Carvalho Calero.

Cada sesión está estrutura como segue:

1. Recepción e distribución do grande grupo en catro equipos. Presentación dos motivos da nosa visita: contextualización histórica e literaria a través dunha breve charla didáctica. Presentación da misión conxunta a resolver.

2. Proba común para testar os coñecementos previos en torno a Carvalho Calero e a súa obra.

3. Xincana con catro probas rotatorias.

4. Resolución da misión conxunta.

 

 

Feito en

Campañas escolares de dinamización lingüística dos Concello de Vigo, Santiago de Compostela, Cerceda, Pontevedra, Val do Dubra, Arzúa, Oroso, Oleiros, Serra de Outes, Melide, Ames, Betanzos...; Secretaría Xeral de Política Lingüística.

 

Para lingua, a nosa!

Para lingua, a nosa!

Adaptámonos ás necesidades da programación cultural do Concello.

Solicita orzamento


Descrición

Xornada festiva ao redor da lingua, da oralidade, da literatura e do patrimonio lúdico onde se aglutinan sesións de narración oral, creatividade e xogo que busca fomentar o uso do galego entre o público infantil e familiar. É unha proposta escénica, lúdica, creativa e participativa baseada no patrimonio lúdico e na narración oral de base tradicional que divulga e revaloriza o patrimonio oral galego, fomenta o hábito lector e potencia a creatividade. É ideal para celebrar festas e datas do máis variado, pero especialmente indicado para festexar datas senlleiras da cultura galega: Día das Letras Galegas, Día de Rosalía... ou ben para incluír en campañas de animación á lectura e de dinamización lingüística para público escolar e/ou familiar.

 

 

Feito en

Dentro do catálogo da "Rede cultural" da Deputación da Coruña.

Para vir a xunto a min

Para vir a xunto a min

Esta é unha actividade especialmente deseñada para seren desenvolvida en contexto escolar ou nos programas de conciliación familiar.

Ficha técnica

  • Para grupos de ata 50 nenos/as de entre 7 e 12 anos (de 2º a 6º de Primaria).
  • Duración: 60 minutos, aproximadamente.
  • Tempo de montaxe | desmontaxe: 15 minutos.
  • Espazo requirido: espazo amplo e acoller, libre de mobiliario e boa acústica.
  • Pódense desenvolver dúas sesións nunha mesma mañá ou tarde.

 


Solicita orzamento


Descrición

Catro probas grupais e retos lingüísticos cunha importante carga lúdica, na que os rapaces e rapazas porán en xogo as súas destrezas e coñecementos lingüísticos e culturais en tarefas do día a día como ir facer a compra, demostrar o seu espírito festeiro...

Cada desafío superado poralles na pista para buscar e resolver o seguinte, pero non sen antes demostrar de viva voz que son realmente merecentes diso.

Trabállase, pois, co léxico, coa expresión oral... a través dunha metodoloxía participativa e lúdica que garante a motivación e o divertimento (actitude positiva e repceptiva), ao tempo que amplían e consolidan os seus coñecementos sobre cuestións básicas e cotiás, e reforzan os seus dotes comunicativos en galego.

 

Feito en

Campaña escolar de dinamización lingüística do Concello de Pontevedra e Oleiros; campaña de dinamización lingüística nos campamentos de conciliación do Concello de Rianxo e O Grove.

Biblioteca Vivente

Biblioteca Vivente

Coa intención de achegar á nosa terra as correntes de intervención educativa hoxendía máis interesantes e situar Galicia no mapa europeo, Xandobela comezou tempo atrás a relacionarse e asociarse con outras entidades análogas activas no continente No bienio 2009- 2011 a través do proxecto 'Books 21', ao abeiro do programa de aprendizaxe permanente de adultos da Comisión Europea 'Grundtvig', coñecimos o fenómeno das  'Bibliotecas Viventes', unha proposta metodolóxica innovadora celebrada por primeira vez en Dinamarca no 2000 e promovida dende o 2001 polo Consello de Europa como ferramenta de educación intercultural.

 

Este proxecto, a través da súa primeira convocatoria, foi merecedor do 1º premio na fase autonómica do I Concurso de Proxectos de Educación Social 'Memorial Toni Julià' e dun accésit na fase estatal; deu lugar a varios artigos publicados en revistas de ámbito estatal e a convites para a presentación da experiencia en numerosos foros profesionais da educación social e divulgación cultural; tamén fomos chamados a impartir formación relativa á implantación desta metodoloxía en distintos contextos e entidades culturais.

Ficha técnica

  • A partir dos 12 anos.
  • Duración da actividade: 100 minutos/quenda.
  • Necesítase un espazo polivalente con tanto subespazos como Libros vivos teña a BV.
  • Tempo estimado de preparación do proxecto: 2 meses. O proceso de identificación e recollida de información dos Libros Vivos require unha labor de investigación de campo moi exhaustiva.

 


Solicita orzamento


Descrición

Unha Biblioteca Vivente é unha biblioteca na que os libros son persoas. Persoas con singulares historias de vida ou que posúen determinados coñecementos e que difunden a súa experiencia a través da interacción, entrevista e diálogo cos usuarios/as (Lectores/as). A Biblioteca Vivente (BV) é un proxecto educativo e cultural que pretende achegar coñecementos ás persoas dun xeito ameno, directo e participativo. É un proxecto de dinamización do coñecemento que convida a indagar e a descubrir aspectos novidosos sobre o tema proposto dende a propia experiencia e dende os propios intereses. Axuda a combater o descoñecemento, ignorancia, prexuízos e estereotipos dunha maneira activa e vivenciada.

En Xandobela empregamos esta metodoloxía para traballar o diálogo interxeracional, mostrar a historia oral e o Patrimonio Cultural Inmaterial galego e romper cos prexuízos lingüísticos.

 

Feito en

A primeira Biblioteca Vivente do país tivo lugar no 2011 en colaboración co SNL do Concello de Vigo e o proxecto europeo Grundtvig "Books21". Desde aquela, desenvolvemos cada curso unha nova edición na que se abordan distintas temáticas: "Os tesouros vivos", "Grandes tesouros", "A lingua viva", "O deporte dá xogo"... Nestas 8 edicións, participaron ao redor de 70 libros vivos e 4.000 estudantes dos institutos vigueses. Aquí podedes ver un vídeo do "como se fixo" a primeira BV e unha reportaxe da TVG. E aquí, aquí, aquí, aquí e aquí algunhas imaxes dos catálogos e do desenvolvemento das seguintes edicións.

Desenvolvimos ademais 2 edicións da Biblioteca Vivente "Tesouros vellos para xente nova" en colaboración co Museo do Pobo Galego, a Asociación Itaca e o Concello de Santiago de Compostela. Buscábase rachar cos prexuízos existentes en torno á tradición, desbotar a visión arcaica, rural e estática que se ten sobre a tradición e a cultura galegas, revalorizándoas e descubrindo as súas potencialidades. Tedes aquíaquí o catálogo de Libros Vivos e algunhas imaxes.

Tamén experimentamos coa fórmula a canda a Asociación Cultural e Xuvenil Itaca no proxecto europeo "Dialogue for tomorrow" e deu como resultado unha biblioteca vivente itinerante para dar a coñecer o patrimonio cultural inmaterial e historia local do Concello de Quiroga no marco dun campamento de verán. Os resultados poden verse nesta páxina web.

Imos cantar o Nadal!

Imos cantar o Nadal! Obradoiro Pasarrúas Petitoria agunaldo

Ás portas estamos

ai para cantar-e

se nos dan licenza

imos comezar-e

Ficha técnica

  • Para público familiar, ata 40 persoas por sesión.
  • Duración: 2,5 horas aproximadamente.
  • Espazo amplo con mesas e cadeiras móbiles.


Solicita orzamento


Descrición

Esta é unha proposta que persegue difundir o patrimonio cultural inmaterial relacionado coa tradición do Nadal galego entre a xente máis nova dunha maneira creativa, participativa e amena: a literatura oral (os Cantos, os romances...); a música (os ritmos e melodías empregadas; os instrumentos...); e tamén os rituais relacionados con ir cantar os Reis (pedir licenza; pedir o aguinaldo; os agradecementos...).

A proposta está dividida en tres momentos ben diferenciados:

  • Obradoiro de Cantos de Reis e construción de instrumentos sonoros.
  • Imos cantar os Reis: implicando aos establecementos comerciais do entorno, bares, centros culturais, tendas...
  • Paparota final do aguinaldo

 

 

Feito en

Concello de Vigo, Concello de Ames, Concello de Val do Dubra, Concello de Ames, Concello de Betanzos, Concello de Ribeira, Concello de Oroso, Concello de Ferrol, Concello de Moeche, Cidade da Cultura

Dentro do catálogo da "Rede cultural" da Deputación da Coruña.

Pegadas do noso

Pegadas do noso

Un paseo simbólico e xoguetón pola Galicia máxica, oral, mística, festeira e traballadora.

Ficha técnica

  • Para grupos de ata 25 nenos/as de entre 5 e 9 anos (de 6º de Infantil a 4º de Primaria).
  • Duración: 60 minutos, aproximadamente.
  • Tempo de montaxe | desmontaxe: 15 minutos.
  • Espazo requirido: espazo amplo e acolledor, con boa acústica. Unha biblioteca é o espazo máis axeitado.
  • Pódense desenvolver dúas sesións nunha mesma mañá ou tarde.


Solicita orzamento


Descrición

É unha proposta que mistura o xogo, coa divulgación cultural, a música e a narración oral, perfecto para lles achegar á rapazada máis pequena a riqueza do noso patrimonio cultural inmaterial desde os seus propios coñecementos e experiencias: a literatura oral, as festas galegas, as cántigas, os traxe, os apeiros e a mitoloxía serán os contidos aos que nos achegaremos con talante curioso e xoguetón, para conseguir converternos en intrépidos/as investigadores/as do noso.

 

Feito en

Campañas escolares de dinamización lingüística do Concello de Oleiros e Concello de Betanzos; campaña de dinamización lingüística no campamento de conciliación do Concello de Rianxo; diversas sesións en colexios arredor da homenaxe a Antonio Fraguas no día das Letras Galegas 2019.

Meigallo

Meigallo

Un xeito diferente de achegar á rapazada o rico e diverso patrimonio máxico galego.

Esta é unha actividade especialmente deseñada para seren desenvolvida en contexto escolar ou nos programas de conciliación familiar.

Ficha técnica

  • Para grupos de ata 50 nenos/as de entre 10 e 12 anos (de 5º e 6º de Primaria).
  • Duración: 60 minutos, aproximadamente.
  • Tempo de montaxe | desmontaxe: 20 minutos.
  • Espazo requirido: espazo amplo e acoller, libre de mobiliario e boa acústica.
  • Pódense desenvolver dúas sesións nunha mesma mañá ou tarde.


Solicita orzamento


Descrición

A través dun divertido xogo cooperativo, terán que atopar a solución máxica aos distintos meigallos aos que se enfrontarán: así, faise un percorrido polos seres mitolóxicos, polas lendas e crenzas populares, pola literatura de tradición oral arredor dos esconxuros, polos elementos naturais necesarios para reverter meigallos de todo tipo, polos ritos curativos... Ademais, tamén terán que escenificar o acontecido, polo que se garante a expresión oral en galego.

 

Feito en

Campaña escolar de dinamización lingüística do Concello de Pontevedra.

Entra no baile a bailar(e)

Entra no baile a bailar(e)

Difusión do patrimonio musical, festeiro e danzístico galego para a mocidade.

É unha proposta que se xurde dentro do proxecto “Tesouros vivos”, proxecto singular subvencionado pola Área de Cultura da Deputación da Coruña noa no 2018.

Ficha técnica

  • Para grupos de ata 30 mozos/as de 3º e 4º da ESO e 1º de Bacharelato.
  • Duración: 60 minutos aproximadamente.
  • Tempo de montaxe | desmontaxe: 15 minutos.
  • Espazo e material requiridos: espazo amplo e acolledor, con boa acústica e libre de mobiliario. Proxector de vídeo e audio.


Solicita orzamento


Descrición

Obradoiro teórico-práctico para achegarlle á chavalada as bondades do noso baile tradicional. Realizaremos unha viaxe partindo da voz das persoas vellas que nos transmitiron este legado en constante actualización, e camiñaremos a través dos tempos ata o noso presente, onde afortunadamente o baile é un elemento vivo do noso patrimonio cultural inmaterial. Aprenderemos tamén algúns pasos para nos inciar no baile e así poder participar activamente nas festas do país e garantir así que este ben patrimonial viva mil primaveras máis!

 

Retallos estampados de Luís Seoane

Retallos estampados de Luís Seoane

Unha maneira diferente de se achegar á obra de Luís Seoane.

Ficha técnica

  • Para grupos de ata 25 nenos/as a partir dos 6 anos.
  • Duración: 60 minutos aproximadamente.
  • Tempo de montaxe | desmontaxe: 15 minutos.
  • Espazo requirido: aula polivalente e mesas.


Solicita orzamento


Descrición

A través deste obradoiro artístico e lúdico faremos un percorrido pola plástica do polifacétido Luís Seoane, principalmente polos debuxos, pinturas, ilustracións, deseños e gravados. Tamén se traballa a súa vinculación coa literatura tanto como autor, como deseñador de portadas e ilustrador, sen esquecer o seu compromiso cultural, social e político con Galicia. Por último, experimentaremos coa técnica básica de estampación poñéndonos na súa pel como artistas totais, creando e innovando nun particular Laboratorio de formas e cores.

 

Feito en

Campañas escolares do Concello de Oleiros durante o curso 2018-2019.

Contos para o tempo de Nadal

Contos para o tempo de Nadal

Nestas datas sinaladas recollemos historias e mitos sobre como se vive o Nadal e o cambio de ano nas distintas culturas do mundo ao tempo que damos a coñecer libros da literatura infantil e xuvenil que versan sobre a temática.


“As noitiñas do Nadal

son noites de moita alegría

cando nos xuntamos á beira do lume

mentres fóra xía.

E e veñen os de aquí e mais os de acolá

cadaquén coa súa novedá

e durmimos cun ollo pechado e outro a medio abrir

por ver a quen de noite poida vir ;)”

Ficha técnica

  • Para nenos/as a partir dos 4 anos e público familiar.
  • Duración: 80 minutos aproximadamente.
  • Tempo de montaxe | desmontaxe: 10 minutos.
  • Espazo requirido: biblioteca, aula acolledora con boa acústica.


Solicita orzamento


Descrición

Sesións de contadas interactivas quentiñas, sen amplificación, acompañadas con actividades de creatividade e lúdicas. O diálogo, o intercambio de vivencias en torno á temática proposta, a participación directa dos rapaces/zas, a proximidade do 'contador de historias' con quen escoita e o protagonismo absoluto do libro... son elementos fundamentais para que a experiencia sexa enteiramente significativa, construtiva e que realmente se chegue a xerar hábito lector.

 

 

Feito en

Bibliotecas e escolas de toda Galicia.

Formou parte do catálogo "Ler conta moito" da rede de bibliotecas de Galicia da Xunta de Galicia.

Dentro do catálogo da "Rede cultural" da Deputación da Coruña.

Eu querer quéroche ben

Eu querer quéroche ben

Contos de namorar, contos de amor ás cousas, cantos á amizade, historias de amor duradeiras, e pistas para ser quen de demostrar o noso amor...

"Din que pola Candeloria casan os paxariños e é cando de entre as árbores se escoitan máis asubíos: que eu ben o vin, que eu ben o escoitei, como un merlo a unha pega, así lle dixo unha vez:

Da túa póla á miña

hai unha longa cadea

toda chea de suspiros

toda de suspiros chea."

Ficha técnica

  • Para nenos/as a partir dos 4 anos e público familiar.
  • Duración: 80 minutos aproximadamente.
  • Tempo de montaxe | desmontaxe: 10 minutos.
  • Espazo requirido: biblioteca, aula acolledora con boa acústica.


Solicita orzamento


Descrición

Sesións de contadas interactivas quentiñas, sen amplificación, acompañadas con actividades de creatividade e lúdicas. O diálogo, o intercambio de vivencias en torno á temática proposta, a participación directa dos rapaces/zas, a proximidade do 'contador de historias' con quen escoita e o protagonismo absoluto do libro... son elementos fundamentais para que a experiencia sexa realmente se chegue a xerar hábito lector.

Canta un Conto, Pinta un Filme

Canta un Conto, Pinta un Filme

FÓRA DE CATÁLOGO ACTUALMENTE

É un proxecto de introdución á creación audiovisual a través da música e das obras literarias e artísticas de distintos autores/as e da literatura oral e tradición galega..

Como remate da actividade, proxectarase o vídeo­clip ante o público que queira asistir: pais, nais, avós, avoas e veciños/as, estarán convidados a compartir o traballo feito polos seus cativos.

 

Solicita orzamento


Descrición

Trátase de crear un vídeo­clip baseado nos textos, ilustracións e pezas musicais, no que os nenos/as participarán na confección plástica dos personaxes e decorados e, finalmente, coñecerán os fundamentos básicos da montaxe audiovisual para a creación da súa primeira obra audiovisual.

 

 

Feito en

Concello de Oleiros, Concello de Tordoia, Concello de Ferrol, biblioteca municipal do Concello de Oroso, Espazo para a Lectura da Obra Social Caja Madrid, Museo do Pobo Galego, Fundación Arteria_SGAE...

Contos de Andersen

Contos de Andersen

Contacontos no que coñeceremos a Hans Christian Andersen, rememoraremos as súas obras máis coñecidas, que forman parte do noso imaxinario colectivo, sexa cal sexa a nosa idade e procedencia. Esta é a proposta perfecta para celebrar o Día do Libro Infantil e Xuvenil que ten lugar todos os 2 de abril. 

Ficha técnica

  • Para nenos/as a partir dos 4 anos e público familiar.
  • Duración: 80 minutos aproximadamente.
  • Tempo de montaxe | desmontaxe: 10 minutos.
  • Espazo requirido: biblioteca, aula acolledora con boa acústica.


Solicita orzamento


Descrición

Sesións de contadas interactivas quentiñas, sen amplificación, acompañadas con actividades de creatividade e lúdicas. O diálogo, o intercambio de vivencias en torno á temática proposta, a participación directa dos rapaces/zas, a proximidade do 'contador de historias' con quen escoita e o protagonismo absoluto do libro... son elementos fundamentais para que a experiencia sexa enteiramente significativa, construtiva e que realmente se chegue a xerar hábito lector.

 

 

Feito en

Bibliotecas e escolas de toda Galicia.

Galicia, País das Letras

Galicia, País das Letras 1

FÓRA DE CATÁLOGO ACTUALMENTE

Solicita orzamento


Descrición

É un proxecto que procura achegar dunha maneira participativa, lúdica e potenciando aspectos orais, contidos culturais relacionados coa lingua, co patrimonio inmaterial e coa literatura galega.

O traballo en equipo, o desenvolvemento da creatividade, a expresión oral e musical, a revalorización do patrimonio inmaterial galego... estarán presentes e son o valor engadido de 'Galicia, país das letras'.

A través dunha posta en escena teatral e con formato de gran feirón, os educadores/as propóñenlle aos nenos/as participantes unha serie de retos que van ter que superar de maneira rotatoria e cooperativa ao mesmo tempo. Engádese unha proba que traballe a vida e obra da autora ou autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, polo que 'Galicia, país das letras' tórnase como proposta ideal para celebrar esta especial data.

 

 

Feito en

Campañas escolares de dinamización lingüística dos Concello de Pontevedra e Oleiros; Concello de Valdoviño, Concello de Touro, Concello de Val do Dubra, Concello de Cerceda, Concello de Betanzos, Concello de Curtis...

O Tesouro da Bruxa Maruxa

O Tesouro da Bruxa Maruxa

FÓRA DE CATÁLOGO ACTUALMENTE

A bruxa Maruxa ten un tesouro que non quere compartir con ninguén: son as palabras que imos deixando sen usar, estradas e ciscadas por calquera curruncho... Ela recólleas e agarímaas, e sobre todo, úsaas, xoga con elas... xunto o Señor Lobo, o seu fiel e animoso amigo. O señor Lobo é da idea de devolverlle o tesouro aos nenos e nenas, que aprendan a valoralo, a coidalo e sobre todo a usalo para non esquecer esta riqueza que nos pertence a todos. Haberá que convencer á bruxa Maruxa de que devolva o tesouro... Seremos quen?

Solicita orzamento


Descrición

'O tesouro da bruxa Maruxa' é un proxecto con formato de conto dramatizado, no que se mistura harmoniosamente a narración dunha historia e a participación activa dos nenos e das nenas a través de xogos e cantigas que fomentan o galego.

 

 

 

Feito en

Campaña escolar de dinamización lingüística do Concello de Vigo, campaña escolar de dinamización lingüística do Concello de Oleiros, Concello de Curtis, Concello de Fene...

Díxome, Díxome...

Díxome, Díxome...

FÓRA DE CATÁLOGO ACTUALMENTE

Solicita orzamento


Descrición

Xincana con ricas e variadas probas que percorren e axudan a descubrir o noso patrimonio e tradición oral: refráns, trabalinguas, romances e cantares de cego, cantigas, xogos lingüísticos... son os ingredientes necesarios para poñer a proba a nosa capacidade e talento para a transmisión e garantir a perdurabilidade da literatura de tradición oral.

 

 

Feito en

Campaña escolar de dinamización lingüística do SNL do Concello de Pontevedra, Concello de Curtis

Divulgación cultural

Divulgación cultural

 

 

A nosa especialidade é converter contidos culturais, literarios e históricos en vivencias lúdicas e de aprendizaxe únicas, con protagonismo total da participación, do xogo e da creatividade, respectando o rigor e explorando as potencialidades didácticas do xogo especialmente para público infantil e familiar.

Solicita orzamento


Descrición

Deseñamos e desenvolvemos proxectos e actividades de divulgación cultural a medida.

 

Feito en

Na Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura levamos anos dinamizando algunhas das datas sinaladas no Calendario do Libro e da Lectura que elabora a Xunta de Galicia e algunhas das súas mostras e exposicións, a través de actividades para público familiar:

Dinamización da mostra 'Colección Cartográfica 'Vilardevós' de Rodolfo Núñez de las Cuevas. Aquí unhas imaxes.

Dinamización da mostra ao redor do 115º anivesario do nacemento de Manuel Antonio.

"Rosalía de Castro na voz da xente." Aquí unhas imaxes.

Celebración do 100º aniversario das Irmandades da Fala.

Celebración do 150º aniversario de Valle-Inclán.

Celebración do 100º aniversario de Camilo José Cela.

Celebración do 100º aniversario da publicación de Da terra asoballada, de Ramón Cabanillas.

 

Da Casa das Palabras_Verbum da rede de museos do Concello de Vigo recibimos a encarga de deseñar e desenvolver varias das actividades da programación cultural mensual para familias das mañás dos domingos que mantiveron durante anos cun grande éxito:

"Contos de aldea para nenos e nenas de agora", programación mensual en torno ao universo literario de Xosé Neira Vilas.

"Cunqueirémonos", programación mensual en torno ao universo literario de Álvaro Cunqueiro.

Dinamización da mostra "A Historia de Galicia", (exposición e colección de libros de Pepe Carreiro para A nosa terra), programación mensual.

 

No Museo do Pobo Galego deseñamos unha sesión para dinamizar a mostra "A colección étnica de Eugenio Granell", tamén para público familiar e onde misturamos narración oral, con xogos e obradoiros de creación plástica.

Xestión de equipamentos e programas de promoción da lectura

Xestión de equipamentos e programas de promoción da lectura

 

 

Unha das nosas especialidades é deseñar e desenvolver proxectos de animación lectora continuadas, para bibliotecas e todo tipo de equipamentos e espazos para a lectura.

 

Solicita orzamento


Descrición

Xestión e coordinación de programas e deseño de proxectos de fomento da lectura.

 

 

Feito en

> Xestión e dinamización das bibliopiscinas dos Concello de Ames, Santiago de Compostela e Teo.

 

> Coordinación e dinamización do Espazo para a Lectura da Obra Social Caja Madrid en Santiago de Compostela: xestionamos e implementamos a programación cultural e de animación á lectura desde o ano 2005 ata o seu peche no ano 2012. Máis de 700 actividades de todo tipo e para todos os públicos: divulgación literaria e animación á lectura para nenos/as, mozos/as e público familiar; programación de lecer nocturno; ciclos de cine e debate; dinamización de exposicións; clubs de lectura; actividades formativas; campamentos literarios...

 

> Dinamización da biblioteca municipal do Concello de Oroso: desde o ano 2012 ata o 2017 programamos e desenvolvemos o programa de animación á lectura e fomento do hábito lector para nenos e nenas a partir dos 3 anos. Contadas semanais, club de lectura xuvenil e actividades creativas con carácter mensual. Máis información, aquí.

 

> Dinamización da biblioteca dos Centros Socioculturais de Conxo, Castiñeiriño, Pontepedriña e Marrozos da rede de centros cívicos do Concello de Santiago de Compostela.

 

> Deseño e edición de materiais didácticos para o Concello de Val do Dubra "Cóntame contos, cóntame moitos" para o fomento do uso do galego a través da literatura oral e "Cóntame contos, cóntame moitos: recomendacións para narrar contos".

 

> Deseño e desenvolvemento de campamentos literarios para nenos e nenas durante a etapa estival: na Casa das Palabras-Verbum do Concello de Vigo, na Fundación Arteria-Noroeste...

 

> Programación das actividades de dinamización lectora en numerosas propostas e actividades: feiras do libro, campañas escolares, museos...

 

> Deseño e desenvolvemento das campañas de dinamización lingüística e da lectura da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Fundación Sotelo Blanco "Tardes con Uxía e os Pillabáns", "O sorriso de Claudia" e "Branco de Cores".

 

> Dinamización do recuncho infantil da Semana do Libro de Compostela (SELIC) nos anos 2018 e 2019.

Propostas lúdicas

Propostas lúdicas

 

Ben como metodoloxía empregada para achegar e dinamizar contidos de todos os tipos, ben como contido en si mesmo susceptible de ser difundido como compoñente importante do patrimonio cultural inmaterial, exploramos e explotamos as capacidades que o xogo ten para divulgar contidos culturais relacionados coa dinamización lingüística, co patrimonio cultural, coa tradición...; para traballar contidos educativos como o consumo, a educación ambiental...; e tamén para exprimir a vocación eminentemente social e inclusiva do xogo e do ludismo.

Solicita orzamento


Descrición

Deseñamos e implementamos propostas culturais e educativas para todos os públicos onde o xogo se convirte en absoluto protagonista.

 

Feito en

> "A rúa é nosa!_Territorio xogantín" do Concello de Santiago de Compostela: proxecto de socialización en galego que busca recuperar a rúa como espazo de xogo. Máis información sobre a edición do ano 2016, do ano 2017, 2018 e 2019.

 

 > "Tardes xogantinas" do Concello de Santiago de Compostela: proxecto de socialización en galego a través do xogo, para nenas e nenos de 3 a 6 anos no Espazo educativo e de lecer "María Miramontes" das Fontiñas. Primavera e outono do 2019.

 

> "Tardes de xogo con Apego" do Concello de Ames: xornadas para familias con cativada de 3 a 6 anos, de socialización e dinamización lingüística a través do xogo, nas rúas e prazas do Milladoiro e Bertamiráns.

 

> "Xogandoando" do Concello de Santiago de Compostela e dentro do programa "Vive o verán!": para promocionar as actividades ao aire libre e o coñecemento do patrimonio cultural e natural de Compostela a través de xornadas de xogos nos parques de Compostela, para nenos e nenas de 7 a 14 anos.

 

> "Troularte": ludoteca itinerante polas escolas do rural de Compostela, desde o ano 2005 ata o ano 2011.

 

> "Un trasno no barrio": trátase dunha xincana lingüística para dinamizar o comercio e promocionar o galego a través do xogo. Apoioado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo e as asociacións de comerciantes e veciñais dos barrios do Calvario e das Travesas.

 

> "Aprende Mercando": proxecto de educación para o consumo responsable do Concello de Santiago de Compostela para escolares, e reeditado no Centro Comercial Aberto Deán da Pobra do Caramiñal. Deseñouse un divertido xogo de rol para que a rapazada puidese vivenciar e tomar decisións responsables relacionadas co consumo diario. Aquíaquí tedes máis información sobre a campaña desenvolvida en Compostela.

 

> Dinamización de xornadas ao redor do ciclo festivo galego: Magostos, Samaín, Maios...

A galiña azul: contos e artes con Carlos Casares

A galiña azul: contos e artes con Carlos Casares

FÓRA DE CATÁLOGO ACTUALMENTE

Para homenaxear ao autor do Día das Letras Galegas do 2017 e o 50º aniversario da publicación de A galiña azul durante o ano 2018.

Solicita orzamento


Descrición

Lectura lúdica e participativa do primeiro libro infantil publicado por Carlos Casares, A galiña azul, no que nos narra en forma de carta as historias da formiga esquiadora, a galiña azul do Lorenzo, os inventos do Leoncio... Propoñemos aos nenos/as coñecer as súas historias e protagonistas a través de xogos e probas. Deste xeito, coñecemos a Leoncio, os seus marabillosos inventos e enrevesados discursos e decidimos se a historia que contou sobre o peixe da fonte do xardín é verdade ou non; axudamos á formiga esquiadora a acarrexar as pedriñas de azucre... Experimentamos tamén coas cores e descubriremos o singular xeito de debuxar con tampóns e tinta: galiñas multicores, con ovos das cores do arco da vella...

 

 

Feito en

Campaña escolar de dinamización lingüística do Concello de Oleiros; Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura; biblioteca municipal do Concello de Oroso.

"Books21"_Programa Grundtvig

"Books21"_Programa Grundtvig Logo Books21

https://boox21.wordpress.com/

'Non xuzgues un libro pola súa portada'

Solicita orzamento


Descrición

Coa intención de achegarmos a Galicia as correntes de intervención educativa máis interesantes de Europa e situarmos Galicia no mapa europeo, comezamos hai anos a desenvolver parcerías con outras entidades análogas activas no continente. Ao abeiro do programa de aprendizaxe permanente da Comisión Europea, desenvolvimos o noso primeiro proxecto 'Grundtvig' para aprendizaxe permanente de adultos, con parceiros da República Checa, Polonia, Alemaña e Grecia. O título do proxecto é 'Books 21', e entre outros obxectivos o que visa era difundir a nivel local a realización de Bibliotecas Viventes.

 

Aquí tedes a ficha e os resultados do proxecto na web da Comisión Europea.

"Grand Treasures"_Programa Grundtvig de Aprendizaxe Permanente de Adultos

Solicita orzamento


Descrición

O proxecto 'Grand Treasures', ao abeiro do programa 'Grundtvig' de aprendizaxe permanente da Comisión Europea, tivo como obxectivo crear unha parcería de organizacións de Poloña, Grecia, Estonia, Portugal, Letonia e  Galicia interesadas na preservación da historia oral e a promoción do diálogo interxeracional.
Este proxecto baséase na definición de 'Tesouros' desenvolvido pola UNESCO na Convención sobre Patrimonio Cultural Inmaterial (2003), no que se determina como 'Tesouros' a todas aquelas persoas de certa idade que viviron unha historia de vida significativa ou manteñen unha arte ou un coñecemento determinado e están abertas a compartilo coas xeracións futuras.
Dentro da parcería quixemos intercambiar boas prácticas en torno a como identificar as historias, como recollelas, como conservalas, organizalas e sistematizalas e a forma de compartilas cun público máis amplo, pero sobre todo, compartir, difundir e revalorizar as historias destes Tesouros nas nosas comunidades locais. Polo que tamén desenvolvemos proxectos de divulgación e didáctica do PCI a través do deseño e implementación de proxectos locais no contexto das entidades parceiras do proxecto.

The adventure of reading_ERASMUS +

The adventure of reading_ERASMUS +

'The adventure of reading' é unha Asociación Estratéxica de aprendizaxe de persoas adultas subvencionado polo programa Erasmus+, no que participamos Xandobela desde Galicia, Associação Para o Desenvolvimento de Pitões desde Portugal e La Corte della Carta desde Italia.

A duración do proxecto é de dous anos: desde outubro do 2015 ata outubro de 2017.

Bótalle un ollo á súa web e ao seu perfil do facebook para saber máis do proxecto.

theadventureofreading.weebly.com/

facebook.com/theadventureofreading/

 

Aquí tedes ademais a ficha do proxecto na Plataforma de Resultados do Erasmus +.

Solicita orzamento


Descrición

É unha estratexia para o desenvolvemento de competencias para o fomento da lectura e a promoción de hábitos lectores a través de enfoques creativos para a dinamización da cultura, o multilingüismo e a interacción social. Búscase crear unha metodoloxía integral, innovadora, práctica e transferible a calquera contexto e realidade social, para a animación á lectura, a través de diversas actividades: estudo e identificación de boas prácticas nos tres países, a experimentación con métodos e actividades durante a execución de iniciativas locais e un exhaustivo proceso de avaliación de todas estas medidas. Como froito de todo este proceso elaboraranse dous produtos intelectuais: unha guía metodolóxica para o fomento de hábitos lectores e animación á lectura; e unha compilación de guías didácticas e creativas de lecturas seleccionadas: análise e proposta de actividades para a súa dinamización.

Todo o proxecto parte da convicción da importancia de integrar catro eixos temáticos que sempre se traballan de xeito illado cando se fala de animación á lectura: a) a importancia da tradición e narración oral; b) a necesidade de mediadores formados e actualizados; c) a importancia de crear novos (non convencionais) espazos/escenarios/recursos para a animación á lectura desde enfoques creativos, artísticos e participativos; d) a necesidade dun repertorio literario amplo, diverso e rico. O noso reto e misión é conseguir artellar unha metodoloxía que xunte todos estes elementos de xeito coherente, rigoroso, integral, didáctico e, que ao mesmo tempo, sexa transferible e susceptible de ser introducida en calquera contexto e realidade social e/ou cultural.

Para isto, tres organizacións europeas que traballan na animación á lectura/literatura desde enfoques diferentes (tradición e narración oral; teatro e creación de recursos; mediación para a animación á lectura) e con procedencias e realidades locais moi diversas (ámbito rural, semiurbano e urbano) compartiremos os nosos coñecementos e experiencias para crear e testar novos enfoques e métodos innovadores para o fomento do hábito lector.

 

Aquí tedes a ficha na web do Erasmus+.

"Reading and non-formal education", proxecto Erasmus+ arredor da lectura xuvenil

"Reading and non-formal education", proxecto Erasmus+ arredor da lectura xuvenil

Xandobela (Galicia), La Corte della Carta (Italia) e A APDP – Associação Para o Desenvolvimento de Pitões (Portugal) coordinamos o proxecto cofinanciado pola programa europeo Erasmus+ desde o mes de abril.

Podedes seguir os avances do proxecto na súa páxina web pinchando aquí.

E aquí tedes a ficha do proxecto na Plataforma de Resultados do Erasmus +.

Solicita orzamento


Descrición

Este proxecto é unha asociación estratéxica no ámbito da xuventude financiado polo programa Erasmus+ desde abril do 2018 a novembro do 2019, co que pretendemos experimentar, crear e difundir novas metodoloxías para promover a lectura entre adolescentes desde a educación non formal.
        Parte da convicción de que as propostas de promoción da lectura xuvenil actuais teñen que asumir o reto de promover novos escenarios  e espazos de expresión, renovadas canles de participación e diálogo, nos que as adolescentes poidan desenvolver e compartir gustos, inquietudes e currículum literario.
        Para conseguir este obxectivo deseñamos unha estratexia de 20 meses na que profesionais da promoción da lectura e dinamización da literatura no ámbito da mocidade, procedentes de tres países, pero con experiencia previa en cooperación transnacional, intercambiaremos boas prácticas, experimentaremos con novos métodos e analizaremos tanto a literatura para mocidade como as actividades de promoción da lectura no ámbito da educación non formal que en Europa se estean levando a cabo con éxito.
      A cuestión metodolóxica será abordada desde 3 perspectivas: a) métodos e estratexias creativas e artísticas; b) gamificación e estratexias lúdicas; c) investigación social relacionada coa tradición oral e historia local.
       A cuestión do repertorio literario xuvenil abordarase especialmente a través dun club de lectura virtual entre traballadoras do ámbito da xuventude e promoción lectora.
        Non obstante, a actividade que dá sentido ao proxecto é a mobilidade "A Europa moza le e crea", na que un total de 21 adolescentes procedentes dos 3 países e 7 profesionais da promoción da lectura xuvenil, compartirán 7 días de convivencia en Galicia. Concíbese como un laboratorio no que as socias do proxecto teremos a oportunidade de testar as actividades, métodos e recursos creados, en contextos e con destinatarios diferentes aos locais, para determinar si son ou non válidos e transferibles, xa que serán exhaustivamente avaliados polos mozos/as participantes.
        Froito deste proceso, elaboraremos unha guía con recomendacións metodolóxicas e prácticas destinada a profesionais do ámbito da mocidade que contemplen a lectura como ferramenta para o desempeño das súas funcións.

Babel: técnicas para a difusión do patrimonio cultural inmaterial

Babel: técnicas para a difusión do patrimonio cultural inmaterial

"Babel" é un proxecto subvencionado polo programa europeo Erasmus +.

Tedes toda a información do proxecto na súa web e tamén nas redes sociais.

E aquí tedes a ficha do proxecto na Plataforma de Resultados do Erasmus +.

Solicita orzamento


Descrición

 

En novembro do 2018 iniciamos novo proxecto subvencionado polo programa europeo Erasmus+.

A misión de “BABEL” é desenvolver técnicas educativas innovadoras e de alta calidade para a difusión do patrimonio literario e oral: crear e avaliar técnicas innovadoras e desenvolver iniciativas para capacitar a profesionais do ámbito do patrimonio cultural, desenvolvemento comunitario e intervención cultural e socioeducativa, no emprego de metodoloxías propias da educación non formal ao servizo da difusión do patrimonio literario e oral europeo.

O noso punto de partida é concebir a filosofía e as estratexias propias da educación non formal como activos innovadores na difusión do patrimonio cultural, á marxe das estratexias proteccionistas e didácticas, moi necesarias pero amplamente experimentadas. Pretendemos traballar con técnicas das que as entidades socias son especialistas (Bibliotecas viventes, recollida de literatura oral tradicional e popular, o “cantastorie” e o teatro labirinto) e que fan do patrimonio literario e oral compoñentes culturais vivos, con forte vocación creativa, activa e participativa, que alimenten a idea de construción dunha cidadanía máis consciente, ubicada, crítica e activa.
Consecuentemente, as catro organizacións socias propoñemos unha estratexia de investigación-formación-acción para o desenvolvemento de técnicas educativas innovadoras na difusión do patrimonio literario e oral europeo, e que supón:

  • Formación teórica e práctica ao longo de dous anos. Deseño, desenvolvemento e avaliación de iniciativas locais e transnacionais para o desenvolvemento de técnicas educativas innovadoras na difusión do patrimonio literario e oral europeo: será un proceso fortemente baseado na formación práctica, na experimentación en distintas realidades sociais e culturais, e na retroalimentación e avaliación constantes, garantindo a calidade e transferibilidade tanto das actividades como do produto intelectual.

  • Investigación de campo e visitas de estudo. Identificación, análise e intercambio de boas prácticas.

  • Froito deste proceso elaborarase e difundirase o produto intelectual “BABEL: guía práctica sobre técnicas educativas innovadoras para a difusión do patrimonio literario e oral”, unha complete guía en liña onde se xuntan todos estes contidos técnicos e procedimentais de xeito coherente, rigoroso, integral e didáctico, dirixida a persoas e organizacións que traballan en contextos sociais e culturais diversos no ámbito educativo e de difusión do patrimonio cultural inmaterial.

 

Ludamus! Xogando co patrimonio.

Ludamus! Xogando co patrimonio.

Ficha técnica

Duración: 24 meses. De outubro de 2020 a setembro de 2022.

Xandobela coordina o proxecto a canda as súas parceiras La corte della carta, APDP-Asociación para o Desenvolvemento de Pitões, Universitur e Sacauntos Cooperativa Gráfica.


Solicita orzamento


Descrición

Ludamus! é unha asociación estratéxica no ámbito da educación de persoas adultas para desenvolver recursos e metodoloxías de educación non formal encamiñadas a promover o patrimonio cultural europeu a través de experiencias lúdicas.

Máis información na súa web e canles sociais:

https://ludamusproject.wordpress.com/

 

MUSES. Cultura xuvenil e perspectiva de xénero.

MUSES. Cultura xuvenil e perspectiva de xénero.

Podedes consultar os avances do proxecto na súa web e nas súas redes sociais.

https://museserasmusplus.weebly.com/

 

Solicita orzamento


Descrición

MUSES é un proxecto de cooperación estratéxica no ámbito da xuventude, subvencionado polo programa europeo Erasmus +. Durante 14 meses, profesionais da educación non formal e adolescentes de Portugal, Galicia e Italia experimentaremos con múltiples técnicas, ferramentas e métodos para o descubrimento, análise e difusión da cultura e das artes, con mirada feminista a través das vivencias e a obra das creadoras.

ESCOLA: recursos

ESCOLA: recursos

Podedes descargar a guía "Lévedo lilá", premendo na imaxe que tedes máis abaixo ou  NESTA LIGAZÓN . Aquí atoparedes unha serie de recursos para poder traballar nas aulas e colectivos sociais arredor da busca, identificación e rexistro audiovisual de experiencias de vida valiosas baixo a mirada feminista.

"Lévedo lilá" é un dos proxectos singulares subvencionados pola Área de Cultura da Deputación da Coruña no ano 2021.

Solicita orzamento


Descrición

A idea do proxecto é construír de xeito participativo unha galería en liña de pequenas pezas audiovisuais onde se amose o traballo, a memoria e a historia de vida de persoas con vivencias e experiencias moi valiosas baixo a perspectiva de xénero das que tirar aprendizaxes e inspiración. Para amosar o traballo desenvolvido e chegar a máis recunchos, deseñarase tamén unha exposición itinerante con estas pezas que percorrerá a provincia da Coruña entre os meses de febreiro e marzo.

 

Para acadar isto, poñemos á vosa disposición a guía “Lévedo lilá” onde se recollen diversas dinámicas, recomendacións prácticas e recursos sobre xénero, técnicas de entrevista, gravación e edición audiovisual con móbiles, para pasar despois a experimentar con todo o aprendido (identificar eses referentes con mirada feminista, realizarlles unha entrevista e editar os pequenos vídeos) e confeccionar dita galería.

 

Convidámosvos a formar parte do proxecto, levando ás aulas e aos vosos colectivos e asociacións os procesos que vos propoñemos desde a nosa experiencia: podemos afirmar que son moi eficaces e que a mocidade agradece poder achegarse a estes temas de xeito directo, crítico e tamén creativo.

 

  Cando?:  O prazo para recibir os vídeos é o 31 de xaneiro de 2022, mais agradecemos que contactedes con nós en info@xandobela.info para confirmar a vosa participación na creación da galería en liña e da exposición itinerante, para achegarvos información máis detallada e acompañarvos no proceso.

Desde xa, quedamos á vosa disposición para ampliar canta información precisedes.

Galería e exposición

Galería e exposición

Clica na imaxe para ver a galería en liña.

Solicita orzamento


Descrición

Exposición itinerante e en liña.

A "Exposición Lévedo lilá" é unha serie de seis paneis onde se recollen a experiencia e opinións de varias persoas do ámbito cultural galego, a través de breves entrevistas feitas na súa totalidade por un grupo de mozos e mozas de entre 13 e 16 anos: desde a identificación das persoas, ata a gravación e edición dos vídeos. Toda unha aventura!

 

 

 Itinerancias da exposición “Lévedo lilá”: 

 

  • Do 17 ao 24 de febreiro: Museo do Pobo Galego.
  • Do 25 de febreiro ao 4 de marzo: Biblioteca Pública Ánxel Casal.
  • Do 7 ao 13 de marzo: Auditorio Municipal de Rianxo.
  • Do 14 ao 20 de marzo: IES de Arzúa.
  • Do 21 ao 29 de marzo: CPI San Vicente da Baña.
  • Do 29 de marzo ao 4 de abril: Local da Asociación Recreativa dos Tilos.
  • Do 5 ao 13 de abril: Casa das Mulleres Xohana Torres.

Biblioteca vivente "Lévedo lilá"

Biblioteca vivente "Lévedo lilá"

Se desexas participar na Biblioteca Vivente tan só tes que enviar un correo electrónico a info@xandobela.info antes do mércores 16 de febreiro e mandarémosche as instrucións para a selección de lecturas

 

Solicita orzamento


Descrición

Xandobela | Educación e Cultura e o Museo do Pobo Galego organizan a primeira edición da Biblioteca Vivente “Lévedo lilá” co apoio da Área de Cultura da Deputación da Coruña, a través da convocatoria de proxectos singulares de especial interese cultural, e do proxecto Muses, cofinanciado polo Programa Erasmus Plus da Unión Europea.

O proxecto versa sobre unha novidosa metodoloxía para a dinamización e difusión participativa do coñecemento e a confrontación dos propios prexuízos a través do achegamento a outras realidades sociais e culturais. Nunha Biblioteca Vivente os libros son persoas que difunden a súa experiencia a través da interacción, entrevista e diálogo cos 'lectores/as'.

A Biblioteca Vivente “Lévedo lilá” terá lugar no Museo do Pobo Galego o día xoves 17 de febreiro ás 17:30 horas e busca difundir e transmitir a cultura galega, confrontando os prexuízos existentes en torno a ela e rachando ao mesmo tempo estereotipos sexistas, a través do diálogo directo con persoas, os chamados Libros vivos, que representan exemplos de boas prácticas e experiencias innovadoras no ámbito da cultura con perspectiva de xénero: referentes da cultura e das artes galegas que superan os estereotipos por razón de xénero, que os cuestionan de xeito explícito, que deixan pouso, que espertan a curiosidade, o interese e alentan a reflexión. Que supoñan, en definitiva, un lévedo, unha inspiración para poder facer unha lectura da cultura e da sociedade con lentes lilas e construír un relato fundamentado na igualdade e na equidade.