Proxectos

Coñece as propostas de Xandobela. Utiliza os botóns para visualizar os nosos proxectos por categorías.

Pan e auga? Sopas!

Pan e auga? Sopas!

O protagonismo de cantigas de base popular e tradicional, a gastronomía e os enredos e brincadeiras forman parte da narración das historias de avó Casiano. A contada remata cun sinxelo obradoiro de cociña creativa a xeito de brincadeira, pero que sorprende por igual a grandes e a pequenos.

"O meu avó Casiano era listo coma un allo e grande coma un día sen pan e coñecido na redonda por lle saber tirar do xenio aos soberbios, aconsellar ben a quen lle fora preguntar e deleitar aos máis exquisitos padais con receitas de colleita propia e insólitos ingredientes."

Ficha técnica

  • Para nenos/as a partir dos 4 anos e público familiar.
  • Duración: 80 minutos aproximadamente.
  • Tempo de montaxe | desmontaxe: 10 minutos.
  • Espazo requirido: biblioteca, aula acolledora con boa acústica.


Solicita orzamento


Descrición

Sesións de contadas interactivas quentiñas, sen amplificación, acompañadas con actividades de creatividade e lúdicas. O diálogo, o intercambio de vivencias en torno á temática proposta, a participación directa dos rapaces/zas, a proximidade da 'contadora de historias' con quen escoita e o protagonismo absoluto do libro... son elementos fundamentais para que a experiencia sexa enteiramente significativa, construtiva e que realmente se chegue a xerar hábito lector.

Contos para o tempo de Nadal

Contos para o tempo de Nadal

Nestas datas sinaladas recollemos historias e mitos sobre como se vive o Nadal e o cambio de ano nas distintas culturas do mundo ao tempo que damos a coñecer libros da literatura infantil e xuvenil que versan sobre a temática.


“As noitiñas do Nadal

son noites de moita alegría

cando nos xuntamos á beira do lume

mentres fóra xía.

E e veñen os de aquí e mais os de acolá

cadaquén coa súa novedá

e durmimos cun ollo pechado e outro a medio abrir

por ver a quen de noite poida vir ;)”

Ficha técnica

  • Para nenos/as a partir dos 4 anos e público familiar.
  • Duración: 80 minutos aproximadamente.
  • Tempo de montaxe | desmontaxe: 10 minutos.
  • Espazo requirido: biblioteca, aula acolledora con boa acústica.


Solicita orzamento


Descrición

Sesións de contadas interactivas quentiñas, sen amplificación, acompañadas con actividades de creatividade e lúdicas. O diálogo, o intercambio de vivencias en torno á temática proposta, a participación directa dos rapaces/zas, a proximidade do 'contador de historias' con quen escoita e o protagonismo absoluto do libro... son elementos fundamentais para que a experiencia sexa enteiramente significativa, construtiva e que realmente se chegue a xerar hábito lector.

Quen ten cu ten medo

Quen ten cu ten medo

O medo é unha emoción que está presente ao longo de toda a vida do ser humano: na literatura infantil temos grandes historias e personaxes que pasaron xa a formar parte do noso imaxinario colectivo. Darémoslle un repaso a todo iso e aprenderemos a asumir o medo sen complexos e como algo natural.


"Becho que rebufas
detrás dese penedo.
Vaite d'aí
que non che teño medo!"

Ficha técnica

  • Para nenos/as a partir dos 4 anos e público familiar.
  • Duración: 80 minutos aproximadamente.
  • Tempo de montaxe | desmontaxe: 10 minutos.
  • Espazo requirido: biblioteca, aula acolledora con boa acústica.

 


Solicita orzamento


Descrición

Sesións de contadas interactivas quentiñas, sen amplificación, acompañadas con actividades de creatividade e lúdicas. O diálogo, o intercambio de vivencias en torno á temática proposta, a participación directa dos rapaces/zas, a proximidade do 'contador de historias' con quen escoita e o protagonismo absoluto do libro... son elementos fundamentais para que a experiencia sexa enteiramente significativa, construtiva e que realmente se chegue a xerar hábito lector.

Imos levarnos ben...

Imos levarnos ben...

Ás veces portámonos mal e convertémonos en bechos insoportables; ás veces somos adorables e encantadores... Contos de diversidade e interculturalidade, para a paz e a convivencia.

"Non me non me, que te que te.
Tremenda parvada teño diante!
Que, se enfadarse leva un suspiro,
facer as paces un instante!"

Ficha técnica

  • Para nenos/as a partir dos 4 anos e público familiar.
  • Duración: 80 minutos aproximadamente.
  • Tempo de montaxe | desmontaxe: 10 minutos.
  • Espazo requirido: biblioteca, aula acolledora con boa acústica.


Solicita orzamento


Descrición

Sesións de contadas interactivas quentiñas, sen amplificación, acompañadas con actividades de creatividade e lúdicas. O diálogo, o intercambio de vivencias en torno á temática proposta, a participación directa dos rapaces/zas, a proximidade do 'contador de historias' con quen escoita e o protagonismo absoluto do libro... son elementos fundamentais para que a experiencia sexa enteiramente significativa, construtiva e que realmente se chegue a xerar hábito lector.

 

Eu querer quéroche ben

Eu querer quéroche ben

Contos de namorar, contos de amor ás cousas, cantos á amizade, historias de amor duradeiras, e pistas para ser quen de demostrar o noso amor...

"Din que pola Candeloria casan os paxariños e é cando de entre as árbores se escoitan máis asubíos: que eu ben o vin, que eu ben o escoitei, como un merlo a unha pega, así lle dixo unha vez:

Da túa póla á miña

hai unha longa cadea

toda chea de suspiros

toda de suspiros chea."

Ficha técnica

  • Para nenos/as a partir dos 4 anos e público familiar.
  • Duración: 80 minutos aproximadamente.
  • Tempo de montaxe | desmontaxe: 10 minutos.
  • Espazo requirido: biblioteca, aula acolledora con boa acústica.


Solicita orzamento


Descrición

Sesións de contadas interactivas quentiñas, sen amplificación, acompañadas con actividades de creatividade e lúdicas. O diálogo, o intercambio de vivencias en torno á temática proposta, a participación directa dos rapaces/zas, a proximidade do 'contador de historias' con quen escoita e o protagonismo absoluto do libro... son elementos fundamentais para que a experiencia sexa realmente se chegue a xerar hábito lector.

Ía un can polo monte... Queres que cho conte?

Ía un can polo monte... Queres que cho conte?

As temáticas que se tratan en cada sesión de contacontos servirán para introducir a realización de obradoiros plásticos de diversa tipoloxía. Algunhas das sesións son:

  • 'Fábulas Fabulosas'
  • 'Medo eu? Noooon...'
  • 'Contos en clave de sol'
  • 'Macedonia de contos'
  • 'A volta ao mundo en contos'
  • 'Contos da lareira'

Ficha técnica

  • Para grupos de ata 40 participantes de 4 a 12 anos.
  • Duración da actividade: 90 minutos/quenda.
  • Necesítase un espazo tipo aula, biblioteca... (cómodo, acolledor) e mesas para os obradoiros.
  • Tempo de montaxe | desmontaxe: 10 minutos.
  • Dispoñemos de programación testada para máis de 30 sesións.


Solicita orzamento


Descrición

Sesións de contadas interactivas acompañadas con actividades de creatividade e lúdicas. O diálogo, o intercambio de vivencias en torno á temática proposta, a participación directa dos rapaces/zas, a proximidade do 'contador de historias' con quen escoita e o protagonismo absoluto do libro... son elementos fundamentais para que a experiencia sexa enteiramente significativa, construtiva e que realmente se chegue a xerar hábito lector.

Aventuras Literarias

Aventuras Literarias

Clásicos da Literatura Xuvenil; a Literatura Xuvenil galega; variedade de xéneros; creatividade e creación literaria; o noso particular xeito de presentar as lecturas e o 'Librómetro', farán que esa 'idade na que se comeza a deixar de ler' xa non sexa tal.

Ficha técnica

  • Para grupos de ata 20 participantes de 8 a 12 anos.
  • Duración da actividade: 90 minutos/sesión. No curso escolar, propoñemos realizar unha sesión cada mes.
  • Necesítase un espazo tipo aula, biblioteca... (cómodo, acolledor) e mesas para os obradoiros.
  • Tempo de montaxe | desmontaxe: 10 minutos.


Solicita orzamento


Descrición

Unha maneira diferente de fomentar a lectura entre os nenos/as máis maiores: xogos, enigmas, novas tecnoloxías, retos e probas... serán os ingredientes indispensables para gozar das aventuras deste especial e suxerinte Club de Lectura.

Canta un Conto, Pinta un Filme

Canta un Conto, Pinta un Filme

É un proxecto de introdución á creación audiovisual a través da música e das obras literarias e artísticas de distintos autores/as e da literatura oral e tradición galega..

Como remate da actividade, proxectarase o vídeo­clip ante o público que queira asistir: pais, nais, avós, avoas e veciños/as, estarán convidados a compartir o traballo feito polos seus cativos.

Ficha técnica

  • Para grupos de ata 30 participantes de 6 a 12 anos.
  • Duración da actividade: 2 horas/quenda
  • Necesítase un espazo tipo aula.
  • Tempo de montaxe | desmontaxe: 30 minutos.


Solicita orzamento


Descrición

Trátase de crear un vídeo­clip baseado nos textos, ilustracións e pezas musicais, no que os nenos/as participarán na confección plástica dos personaxes e decorados e, finalmente, coñecerán os fundamentos básicos da montaxe audiovisual para a creación da súa primeira obra audiovisual.

Contos de Andersen

Contos de Andersen

Contacontos no que coñeceremos a Hans Christian Andersen, rememoraremos as súas obras máis coñecidas, que forman parte do noso imaxinario colectivo, sexa cal sexa a nosa idade e procedencia. Esta é a proposta perfecta para celebrar o Día do Libro Infantil e Xuvenil que ten lugar todos os 2 de abril. 

Ficha técnica

  • Para nenos/as a partir dos 4 anos e público familiar.
  • Duración: 80 minutos aproximadamente.
  • Tempo de montaxe | desmontaxe: 10 minutos.
  • Espazo requirido: biblioteca, aula acolledora con boa acústica.


Solicita orzamento


Descrición

Sesións de contadas interactivas quentiñas, sen amplificación, acompañadas con actividades de creatividade e lúdicas. O diálogo, o intercambio de vivencias en torno á temática proposta, a participación directa dos rapaces/zas, a proximidade do 'contador de historias' con quen escoita e o protagonismo absoluto do libro... son elementos fundamentais para que a experiencia sexa enteiramente significativa, construtiva e que realmente se chegue a xerar hábito lector.

Eira Xandobeleira

Eira Xandobeleira

  • Máis de 40 xogos artesanais de precisión, de lanzamento, de habilidade, de enxeño, de cooperación.
  • Para todas as idades
  • Para interiores e exteriores
  • Adaptable a calquera espazo e celebración
  • Acolle un grande número de participantes simultaneamente.

Ficha técnica

  • Espazo chan duns 400 m2.
  • Acceso de paso á furgoneta e aparcamento próximo.
  • Duración da actividade: de 2 a 3 horas..
  • Tempo de montaxe | desmontaxe: 60 minutos.
  • Proxecto itinerante e en constante ampliación.


Solicita orzamento


Descrición

Componse dunha colección de xogos para todas as idades elaborados artesanalmente e inspirados en xogos tradicionais de épocas e lugares diversos que sempre está lista para ir a onde for chamada e haxa ganas de xogar e de pasalo ben. A idea da ludoteca itinerante é cear un espazo de ocio alternativo, onde poder gozar do xogo en familia á vez que desenvolvemos as nosas habilidades e destrezas manuais, cognitivas e a capacidade imaxinativa.

Dispón dun catálogo de xogos de gran formato de precisión, de lanzamento, de habilidade, de enxeño, de cooperación.. algúns son os de toda a vida e outros que reinventamos a partir de materiais de refugallo. Xogos simples e artesanais sen necesidade de pilas, plásticos ou luces de neón...

Xoguetoloxía

Xoguetoloxía

Nos tempos de cando os nosos avós/as eran cativos/as xogábase con calquera cousa e incluso se fabricaban os seus propios enredos; sería por necesidade mais a verdade é que era un proceso moito máis creativo. Co abuso das novas tecnoloxías, ordenadores e consolas estase fomentando un ocio moi sedentario e individualista que case chega a desnaturalizar a propia significación do propio xogo. Por iso queremos que os rapaces e rapazas se acheguen ao mundo do xogo imitando as fórmulas que anteriormente se utilizaban e fornecelos dunha ampla gama de xogos cos que pasen un rato divertido en grupo sendo eles os verdadeiros protagonistas activos e non meros espectadores pasivos.

Ficha técnica

  • Para nenos/as a partir dos 4 anos.
  • Duración da actividade: 90 minutos/sesión.
  • Necesítase un espazo con mesas
  • Tempo de montaxe | desmontaxe: 20 minutos.


Solicita orzamento


Descrición

Trátase de sesións de obradoiros nos que os nenos/as confeccionarán os seus propios xogos e trebellos con material de refugallo. Birlos, peóns, boliches, papaventos... Xandobela conta cun amplo repertorio de obradoiros cos que os nenos/as gozarán e aprenderán a construír os seus propios enredos e a xogar sen necesidade de grandes gastos e fomentando a creatividade e a autonomía.

Pedra Viva

Pedra Viva

Coñecemos as vilas que visitamos e habitamos, mais por regra cotián saber pouco sabemos delas e da(s) súa(s) historia(s). Da man dos persoeiros e testemuños en pedra, esta estratexia lúdica de divulgación cultural promove o coñecemento das nosas vilas e lugares dun xeito creativo, activo e divertido axeitado quer para nativos, quer para foráneos, mediante un xogo de descuberta dos lugares con cámaras fotográficas.

Ficha técnica

  • Duración: 1h50'
  • Para grandes grupos.
  • Para todas as idades


Solicita orzamento


Descrición

Actividade de unha hora e media de duración para grandes grupos (sen límite máximo de participantes) e para todas as idades, preferiblemente cunha velada posterior que permita fechar de maneira conxunta a experiencia. Se ben está preparado para Compostela, é adaptable a calquera outro lugar en función da demanda.

 

Lingua Forza 3

Lingua Forza 3

Guía práctica para fomentar o galego na área de Educación Física "Bota e rebota e cae na túa boca": no ano 2012 elaboramos esta guía didáctica para o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo como complemento da actividade. Bótalle un ollo!

Ficha técnica

  • Para grupos de ata 60 participantes de 6 a 12 anos (adaptamos a proposta segundo grupo de idade)
  • Duración da actividade: 90 minutos/quenda
  • Necesítase un espazo amplo con boa acústica e sen mobiliario, preferiblemente instalacións deportivas (cubertas ou descubertas).
  • Tempo de montaxe | desmontaxe: 15 minutos.


Solicita orzamento


Descrición

Proxecto de dinamización lingüística con formato de xincana e posta en escena dramatizada, no que os rapaces/zas participantes terán que superar varias probas dando conta das súas destrezas físicas, lingüísticas e de traballo en equipo.

Ponse en interrelación directa os currículums de lingua e literatura galegas e de educación física.

Galicia, País das Letras

Galicia, País das Letras 1

Ficha técnica

  • Para grupos de ata 50 participantes de 6 a 17 anos (adaptamos a proposta segundo grupo de idade).
  • Duración da actividade: 90 minutos.
  • Necesítase un espazo amplo con boa acústica e sen mobiliario.
  • Tempo de montaxe | desmontaxe: 20 minutos.
  • Proxecto itinerante.


Solicita orzamento


Descrición

É un proxecto que procura achegar dunha maneira participativa, lúdica e potenciando aspectos orais, contidos culturais relacionados coa lingua, co patrimonio inmaterial e coa literatura galega.

O traballo en equipo, o desenvolvemento da creatividade, a expresión oral e musical, a revalorización do patrimonio inmaterial galego... estarán presentes e son o valor engadido de 'Galicia, país das letras'.

A través dunha posta en escena teatral e con formato de gran feirón, os educadores/as propóñenlle aos nenos/as participantes unha serie de retos que van ter que superar de maneira rotatoria e cooperativa ao mesmo tempo. Engádese unha proba que traballe a vida e obra da autora ou autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, polo que 'Galicia, país das letras' tórnase como proposta ideal para celebrar esta especial data.

Biblioteca Vivente

Biblioteca Vivente

Ficha técnica

  • A partir dos 12 anos.
  • Duración da actividade: 100 minutos/quenda.
  • Necesítase un espazo polivalente con tanto subespazos como Libros vivos teña a BV.
  • Tempo estimado de preparación do proxecto: 2 meses. O proceso de identificación e recollida de información dos Libros Vivos require unha labor de investigación de campo moi exhaustiva.


Solicita orzamento


Descrición

Unha Biblioteca Vivente é unha biblioteca na que os libros son persoas. Persoas con singulares historias de vida ou que posúen determinados coñecementos e que difunden a súa experiencia a través da interacción, entrevista e diálogo cos usuarios/as (Lectores/as). A Biblioteca Vivente (BV) é un proxecto educativo e cultural que pretende achegar coñecementos ás persoas dun xeito ameno, directo e participativo. É un proxecto de dinamización do coñecemento que convida a indagar e a descubrir aspectos novidosos sobre o tema proposto dende a propia experiencia e dende os propios intereses. Axuda a combater o descoñecemento, ignorancia, prexuízos e estereotipos dunha maneira activa e vivenciada.

En Xandobela empregamos esta metodoloxía para traballar o diálogo interxeracional, mostrar a historia oral e o Patrimonio Cultural Inmaterial galego e romper cos prexuízos lingüísticos.

Quen dis que era?

Quen dis que era? vaz andrade uxío

Ficha técnica

  • Para nenos/as de Primaria e Secundaria.
  • Para grupos de entre 60 e 80 mozos/as.
  • Duración da actividade: 90 minutos.
  • Necesítase espazo polivalente con zona para recepción, auditorio e espazos distintos para desenvolver catro partes do espectáculo.
  • Tempo de montaxe | desmontaxe: 30 minutos.


Solicita orzamento


Descrición

Proxecto de divulgación e dinamización da obra e figura da autora ou autor homenaxeado no Día das Letras Galegas.

Trátase dunha iniciativa para público xuvenil onde se misturan propostas ben diversas na que os mozos/as se converten en actores protagonistas e na que a súa participación se volve imprescindible. Convidámolos a participar nunha xincana poética e literaria na que terán que superar varias probas e retos monitorizados por cadanseu actor/a. Edítase unha completa unidade didáctica sobre o autor e a súa obra.

Aínda que é un proxecto global que acolle tres tipoloxías de actuacións descritas, podedes combinar as actividades como desexedes e compoñer o proxecto adaptándoo ás vosas necesidades.

O Tesouro da Bruxa Maruxa

O Tesouro da Bruxa Maruxa

A bruxa Maruxa ten un tesouro que non quere compartir con ninguén: son as palabras que imos deixando sen usar, estradas e ciscadas por calquera curruncho... Ela recólleas e agarímaas, e sobre todo, úsaas, xoga con elas... xunto o Señor Lobo, o seu fiel e animoso amigo. O señor Lobo é da idea de devolverlle o tesouro aos nenos e nenas, que aprendan a valoralo, a coidalo e sobre todo a usalo para non esquecer esta riqueza que nos pertence a todos. Haberá que convencer á bruxa Maruxa de que devolva o tesouro... Seremos quen?

Ficha técnica

  • Para nenos/as de 3 a 6 anos. Grupos de ata 30 nenos/as.
  • Duración: 60 minutos aproximadamente.
  • Tempo de montaxe | desmontaxe: 10 minutos.
  • Espazo requirido: instalación deportiva ou aula de usos múltiples libre de mobiliario.


Solicita orzamento


Descrición

'O tesouro da bruxa Maruxa' é un proxecto con formato de conto dramatizado, no que se mistura harmoniosamente a narración dunha historia e a participación activa dos nenos e das nenas a través de xogos e cantigas que fomentan o galego.

 

Biblioteca Vivente

Biblioteca Vivente

Ficha técnica

  • A partir dos 12 anos.
  • Duración da actividade: 100 minutos/quenda.
  • Necesítase un espazo polivalente con tanto subespazos como Libros vivos teña a BV.
  • Tempo estimado de preparación do proxecto: 2 meses. O proceso de identificación e recollida de información dos Libros Vivos require unha labor de investigación de campo moi exhaustiva.

 


Solicita orzamento


Descrición

Unha Biblioteca Vivente é unha biblioteca na que os libros son persoas. Persoas con singulares historias de vida ou que posúen determinados coñecementos e que difunden a súa experiencia a través da interacción, entrevista e diálogo cos usuarios/as (Lectores/as). A Biblioteca Vivente (BV) é un proxecto educativo e cultural que pretende achegar coñecementos ás persoas dun xeito ameno, directo e participativo. É un proxecto de dinamización do coñecemento que convida a indagar e a descubrir aspectos novidosos sobre o tema proposto dende a propia experiencia e dende os propios intereses. Axuda a combater o descoñecemento, ignorancia, prexuízos e estereotipos dunha maneira activa e vivenciada.

En Xandobela empregamos esta metodoloxía para traballar o diálogo interxeracional, mostrar a historia oral e o Patrimonio Cultural Inmaterial galego e romper cos prexuízos lingüísticos.

 

Imos cantar o Nadal!

Imos cantar o Nadal! Obradoiro Pasarrúas Petitoria agunaldo

Ás portas estamos

ai para cantar-e

se nos dan licenza

imos comezar-e

Ficha técnica

  • Para público familiar, ata 40 persoas por sesión.
  • Duración: 3 horas aproximadamente.
  • Espazo amplo con mesas e cadeiras móbiles.


Solicita orzamento


Descrición

Esta é unha proposta que persegue difundir o patrimonio cultural inmaterial relacionado coa tradición do Nadal galego entre a xente máis nova dunha maneira creativa, participativa e amena: a literatura oral (os Cantos, os romances...); a música (os ritmos e melodías empregadas; os instrumentos...); e tamén os rituais relacionados con ir cantar os Reis (pedir licenza; pedir o aguinaldo; os agradecementos...).

A proposta está dividida en tres momentos ben diferenciados:

  • Obradoiro de Cantos de Reis e construción de instrumentos sonoros.
  • Imos cantar os Reis: implicando aos establecementos comerciais do entorno, bares, centros culturais, tendas...
  • Paparota final do aguinaldo

Etnoafíliate!

tarxetón

Ficha técnica

  • Para nenos/as de 4 a 12 anos.
  • Número de sesións e duración da actividade: adaptable ás necesidades e intereses da programación cultural (pódense concibir en sesións de 2 horas mínimo ou mesmo inserilos en programas de conciliación)
  • Necesítase un espazo tipo aula, biblioteca... e mesas para os obradoiros.

 


Solicita orzamento


Descrición

Conxuga o tratamento dun tema ou dunha data especial desde un enfoque lúdico, mais sen perder de vista a vertente pedagóxica e didáctica. Achegamos contidos culturais do noso Patrimonio Cultural Inmaterial mediante actividades creativas, artísticas, lúdicas e participativas.

É unha proposta perfecta para as épocas vacacionais dos nenos/as.

  • 'Aventuras literarias': a través das narracións que nos proporciona a literatura galega (escrita e oral), teatro, creatividade e xogo.
  • 'Nadal.gal': achegámonos dun xeito distinto á celebración do Nadal e do aninovo en Galicia e noutras culturas.
  • 'Somos uns Entroidos': paseo lúdico e creativo polos Entroidos galegos.
  • 'Son de aquí'': patrimonio musical galego revisitado desde a modernidade.
  • 'Xogos e Trebellos': xogos e enredos tradicionais e naturais.

Díxome, Díxome...

Díxome, Díxome...

Ficha técnica

  • Para grupos de ata 50 participantes de 6 a 12 anos (adaptamos a proposta segundo grupo de idade).
  • Duración da actividade: 90 minutos.
  • Necesítase un espazo amplo con boa acústica e sen mobiliario.
  • Tempo de montaxe | desmontaxe: 20 minutos.
  • Proxecto itinerante.


Solicita orzamento


Descrición

Xincana con ricas e variadas probas que percorren e axudan a descubrir o noso patrimonio e tradición oral: refráns, trabalinguas, romances e cantares de cego, cantigas, xogos lingüísticos... son os ingredientes necesarios para poñer a proba a nosa capacidade e talento para a transmisión e garantir a perdurabilidade da literatura de tradición oral.

"Books21"_Programa Grundtvig de Aprendizaxe Permanente de Adultos

"Books21"_Programa Grundtvig de Aprendizaxe Permanente de Adultos Logo Books21

https://boox21.wordpress.com/

'Non xuzgues un libro pola súa portada'

Solicita orzamento


Descrición

Coa intención de achegarmos a Galicia as correntes de intervención educativa máis interesantes de Europa e situarmos Galicia no mapa europeo, comezamos hai anos a desenvolver parcerías con outras entidades análogas activas no continente. Ao abeiro do programa de aprendizaxe permanente da Comisión Europea, desenvolvimos o noso primeiro proxecto 'Grundtvig' para aprendizaxe permanente de adultos, con parceiros da República Checa, Polonia, Alemaña e Grecia. O título do proxecto é 'Books 21', e entre outros obxectivos o que visa era difundir a nivel local a realización de Bibliotecas Viventes.

"Grand Treasures"_Programa Grundtvig de Aprendizaxe Permanente de Adultos

Solicita orzamento


Descrición

O proxecto 'Grand Treasures', ao abeiro do programa 'Grundtvig' de aprendizaxe permanente da Comisión Europea, tivo como obxectivo crear unha parcería de organizacións de Poloña, Grecia, Estonia, Portugal, Letonia e  Galicia interesadas na preservación da historia oral e a promoción do diálogo interxeracional.
Este proxecto baséase na definición de 'Tesouros' desenvolvido pola UNESCO na Convención sobre Patrimonio Cultural Inmaterial (2003), no que se determina como 'Tesouros' a todas aquelas persoas de certa idade que viviron unha historia de vida significativa ou manteñen unha arte ou un coñecemento determinado e están abertas a compartilo coas xeracións futuras.
Dentro da parcería quixemos intercambiar boas prácticas en torno a como identificar as historias, como recollelas, como conservalas, organizalas e sistematizalas e a forma de compartilas cun público máis amplo, pero sobre todo, compartir, difundir e revalorizar as historias destes Tesouros nas nosas comunidades locais. Polo que tamén desenvolvemos proxectos de divulgación e didáctica do PCI a través do deseño e implementación de proxectos locais no contexto das entidades parceiras do proxecto.

The adventure of reading_Asociación Estratéxica de aprendizaxe de persoas adultas_ERASMUS +

The adventure of reading_Asociación Estratéxica de aprendizaxe de persoas adultas_ERASMUS +

'The adventure of reading' é unha Asociación Estratéxica de aprendizaxe de persoas adultas subvencionado polo programa Erasmus+, no que participamos Xandobela desde Galicia, Associação Para o Desenvolvimento de Pitões desde Portugal e La Corte della Carta desde Italia.

A duración do proxecto é de dous anos: desde outubro do 2015 ata outubro de 2017.

Bótalle un ollo á súa web e ao seu perfil do facebook para saber máis e estar ao tanto do día a día do proxecto.

theadventureofreading.weebly.com/

facebook.com/theadventureofreading/

 

Solicita orzamento


Descrición

É unha estratexia para o desenvolvemento de competencias para o fomento da lectura e a promoción de hábitos lectores a través de enfoques creativos para a dinamización da cultura, o multilingüismo e a interacción social. Búscase crear unha metodoloxía integral, innovadora, práctica e transferible a calquera contexto e realidade social, para a animación á lectura, a través de diversas actividades: estudo e identificación de boas prácticas nos tres países, a experimentación con métodos e actividades durante a execución de iniciativas locais e un exhaustivo proceso de avaliación de todas estas medidas. Como froito de todo este proceso elaboraranse dous produtos intelectuais: unha guía metodolóxica para o fomento de hábitos lectores e animación á lectura; e unha compilación de guías didácticas e creativas de lecturas seleccionadas: análise e proposta de actividades para a súa dinamización.

Todo o proxecto parte da convicción da importancia de integrar catro eixos temáticos que sempre se traballan de xeito illado cando se fala de animación á lectura: a) a importancia da tradición e narración oral; b) a necesidade de mediadores formados e actualizados; c) a importancia de crear novos (non convencionais) espazos/escenarios/recursos para a animación á lectura desde enfoques creativos, artísticos e participativos; d) a necesidade dun repertorio literario amplo, diverso e rico. O noso reto e misión é conseguir artellar unha metodoloxía que xunte todos estes elementos de xeito coherente, rigoroso, integral, didáctico e, que ao mesmo tempo, sexa transferible e susceptible de ser introducida en calquera contexto e realidade social e/ou cultural.

Para isto, tres organizacións europeas que traballan na animación á lectura/literatura desde enfoques diferentes (tradición e narración oral; teatro e creación de recursos; mediación para a animación á lectura) e con procedencias e realidades locais moi diversas (ámbito rural, semiurbano e urbano) compartiremos os nosos coñecementos e experiencias para crear e testar novos enfoques e métodos innovadores para o fomento do hábito lector.