Biblioteca Vivente 'Grandes Tesouros'. Unha experiencia innovadora para a difusión participativa do coñecemento interxeracional e para rachar cos prexuízos lingüísticos entre a mocidade
Xandobela, Xestión e Dinamización SocioCultural e o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo organizan a sétima 'Biblioteca Vivente' na xeografía galega. O proxecto versa sobre unha novidosa metodoloxía para a dinamización e difusión participativa do coñecemento e a confrontación dos propios prexuízos a través do achegamento a outras realidades sociais e culturais. Nunha Biblioteca Vivente os libros son persoas que difunden a súa experiencia a través da interacción, entrevista e diálogo cos 'lectores/as'. Para ser un Libro non cómpre ser unha eminencia ou recoñecido estudoso, senón contar con experiencia vital ou saberes cos que poder ilustrar a outras persoas que descoñecen e teñen curiosidade.
Os días 15, 16 e 17 de abril, na Casa das Palabras-Verbum, desenvolveranse 8 sesións da Biblioteca Vivente 'Grandes Tesouros' nas que uns 600 mozos/as vigueses/as de Secundaria se porán en contacto e dialogarán con 11 libros vivos: libros que representan aos Tesouros Vivos (testemuñas de vida relevantes e vinculadas co Patrimonio Cultural Inmaterial e a Historia de Vigo) e libros que representan á Lingua Viva (a lingua como tesouro: pór en contacto a mocidade con persoas galegofalantes para achegarlle as súas experiencias relacionadas co uso da lingua).

A primeira edición da Biblioteca Vivente 'Os Tesouros Vivos', foi merecedora dun premio no I Concurso de Proxectos de Educación Social 'Memorial Toni Julià', organizado polo Consejo General de Colegios Profesionales de Educadoras y Educadores Sociales a nivel estatal.
Saber máis deste proxecto:
- VER CATÁLOGO DE LIBROS VIVOS
- 'MAKING OFF' DA I BIBLIOTECA VIVENTE 'OS TESOUROS VIVOS'
- REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA I BIBLIOTECA VIVENTE 'OS TESOUROS VIVOS', VIGO 2011
- REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA II BIBLIOTECA VIVENTE 'A LINGUA VIVA', VIGO 2011
- REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA III BIBLIOTECA VIVENTE 'UNHA DE TESOUROS', VIGO 2013
- BIBLIOTECA VIVENTE 'QUIROGA VIVA', QUIROGA 2013
- REPORTAXE FOTOGRÁFICA BIBLIOTECA VIVENTE 'VAI DE TESOUROS', VIGO 2014