Está aberto o prazo para solicitar actuacións do programa "Ler conta moito" para as bibliotecas de toda Galicia.
Aquí tedes a resolución. Buscádenos nestoutra ligazón e non dubidedes en solicitar a nosa proposta!
"Desencabúxate cabuxo!" son contos que falan das emocións e de cando nos enfadamos tanto que bufamos coma touros e ata nos sobe unha cousa terrible pola barriguiña! Pero temos un truco que non falla! Se facemos bailar o dragón chinés o cabuxo marcha e podemos levarnos ben! Facemos un?