Lecer nocturno para a mocidade.
Unha manchea de actividades de balde para a mocidade nas noitiñas dos xoves e venres alternos.
Un ano máis chega a programación alternativa de actividades para a mocidade en Compostela. As actividades terán lugar nas noitiñas dos xoves e vernes do outono, en semanas alternas. Música, xogo, teatro, obradoiros do máis variado... todo da man do talento mozo que hai en Compostela, coordinado por Xandobela e a Asociación Itaca e financiado polo Departamento de Mocidade do Concello de Santiago.
Consulta aquí a programación deste ano e inscríbete de balde a través do formulario dispoñible cada semana que hai actividade.