Xa está aberto o prazo para solicitar as actuacións dentro do programa da Rede Cultural 2014 da Deputación da Coruña.
Todos os concellos e asociacións da provincia que formen parte da Rede Cultural tedes ata o vindeiro 26 de febreiro para facer as vosas solicitudes.
Nesta edición Xandobela preparou un catálogo amplo e atractivo con proxectos e ofertas para todas as idades e para conmemorar as datas máis sinaladas deste ano 2014:
- Amiga Cantiga: contacontos e didáctica. Obradoiro lúdico, participativo e creativo no que se reinterpreta a lírica medieval coas tendencias artísticas e musicais máis modernas.
- Andersen era un neno: contacontos e creatividade para nenos e nenas.
- Cont@s Clásic@s: revisión artística, lúdica e participativa dos contos populares con perspectiva de xénero.
- Galicia, país das letras: proposta lúdica e participativa de dinamización lingüística, divulgación cultural e tradición oral.
- Lembranzas de Díaz Castro: contacontos, música e poesía sobre a vida e obra do autor homenaxeado no día das Letras Galegas.
- Díaz Castro na voz da xente: proposta lúdico-participativa en torno ao día das Letras Galegas.
- En busca do libro perdido: proxecto de animación á lectura para os nenos/as máis maiores. Un xeito diferente de achegarlles a literatura e o mundo da lectura.
- Rosalía, unha meniña: espectáculo de poesía, historia, música e ficción poética, que conmemora o 150º aniversario da publicación de Cantares Gallegas de Rosalía de Castro.
- Ía un día polo monte, queres que cho conte?: sesións de contadas interactivas acompañadas con actividades de creatividade e lúdicas.
- Un saco cheo de contos: xornada de contacontos para público infantil e xuvenil ideal para celebrar festas e datas do máis variado.
- Os papalagui e o artista: contacontos didáctica e musicado en torno a vida e obra de Roberto Vidal Bolaño, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas no ano 2013.
Buscade por 'Xandobela' como nome do Grupo e atoparedes os detalles de cada unha das propostas!
E non dubidedes en solicitar máis información no correo nerea@xandobela.info