Do 4 ao 25 de marzo está aberto o prazo para realizar as solicitudes para a programación da 'Rede Cultura no Camiño' da AGADIC. O catálogo de Xandobela está composto por tres propostas escénicas de divulgación cultural e dinamización lingüística para público infantil, xuvenil e familiar principalmente.
- 'Lembranzas de Díaz Castro': contacontos musicado en torno a vida e obra do tradutor e poeta Xosé María Díaz Castro, eutor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2014.
- 'Cont@s Clásic@s': contacontos participativo que revisa os contos clásicos con perspectiva de xénero.
- 'Rosalía, unha meniña': espectáculo de poesía, historia, música e ficción poética que homenaxea á gran Rosalía de Castro.